Artigos de Ramón Torrado

Esperanza e medo no Modus

O Modus Vivendi é un mítico local nocturno situado na zona vella de Compostela. É un centro de cultura – existe algún outro bar que amose detrás da barra numerosas fotos propias de escritores? Na noite do 10 de abril de 2019 ten lugar na súa planta baixa un encontro de poetas.

José María Gironella e o “efecto Cuéntame”

Existen na literatura galega obras que amosen o que se pode denominar “efecto Cuéntame”? A serie de televisión Mareas vivas é o máis próximo que vén á mente.

Manuel Vilas e a dama dos pés fríos

A novela de Manuel Vilas chamada “Ordesa” é o libro do ano 2018 para min. Xa recibiu numerosas e moi apaixonadas gabanzas por parte da crítica e de colegas escritores. O autor aragonés estivo en Compostela para presentar esta crónica da súa vida.

As tendas galegas pequenas

Fernando Aramburu leva xa trinta edicións da súa novela “Patria”, e nuns centros comerciais xigantes regalan con esta obra o libriño de “Klaus”, un relato novo do autor vasco. O mesmo sucede con Manuel Vilas e o seu emocionante éxito chamado “Ordesa” – con el, a empresa regala un libriño titulado “Hostal Don Juan”. Todo isto é lícito, e probablemente eu faría o mesmo que eses dous escritores se mo propuxeran.

Freddie, Felix, Arvo e María

45, 38, 83 e 16 son os anos de vida – xa tristemente definitivos ou aínda en marcha - de catro estrelas musicais: tres figuras da música culta e un astro da música popular. Todos eles proxectaron a súa luz en Galicia nas últimas semanas.

O cantor de silencios

Unhas pequenas coincidencias ou sincronicidades anímanme a escribir un artigo sobre un artista que admiro, un home moi criticado, talvez por motivos tan puros como a envexa e os celos. Este home é posiblemente o español vivo máis famoso no mundo.

Cinco notas sobre a marcha nocturna

Ás veces semella necesario o feito de arriscarse. Nestes artigos de prensa dixital, os textos saen ó mundo para quedarse, e se hai erros de apreciación ou doutro tipo, permanecerán colgados na nebulosa do ciberespazo, para a desesperación dos autores.

Dous segundos en Queiruga o 25X

Entrados xa no Día de Galicia, empezou na noite de plenilunio un concerto inesquecible en Outes. Nunca estivera na carballeira-castiñeira da Serra, e foi precioso coñecela de noite coa iluminación carmesí e romántica proxectada dende o escenario dun dos mellores grupos do mundo.