Artigos de Ramón Torrado

Murguía angustiado

O espírito de Manuel Murguía pisa con algo de rabia as areas e pelouros que encontra nun sendeiro que leva de Noia ao cruceiro de Berrimes. Gústanlle os homes e as mulleres que traballan no campo ou que andan a modo, cruzándose con el n0 percorrido. Non o poden ver. Non saben que xunto a eles camiña unha figura senlleira da Historia de Galicia.

Delicias de Italia

Este cambio de ano marcou o meu regreso a Italia, país que visitara no ano 2003 nunha viaxe inspiradora dun libro chamado “Torino” que permanece inédito despois de que a editorial A Nosa Terra – pouco antes de desaparecer - case se decidira a publicalo.

A dilixencia

Cando notamos dilixencia e amabilidade non é raro que sintamos unha certa emoción, posto que por desgraza non son virtudes tan frecuentes como sería desexable no estrés do mundo actual. Como pacientes, alumnos ou clientes, a présa é tristemente un factor determinante que ó igual que algúns “avances tecnolóxicos” acaba separando aos seres humanos.

As cores de Galicia

Unha casa azul ceo en Bretal, na zona de Ribeira, trae recordos de cores da infancia. Os lapis e as ceras que había que cargar con forza sobre o papel tiñan un moi característico ulido que forma parte dun cadro sensorial nostálxico. No caso da nosa terra galega, cales son as cores que nos poden identificar?

Salvemos o diferente

Salvemos o diferente que hai na nosa terra. Cando catástrofes coma o furacán Matthew asolan Haití e outras zonas desafortunadas do planeta, resulta procedente que fagamos un esforzo pola nosa parte para defender o que está suxeito aos efectos devastadores do paso do tempo e ás desfeitas que provocamos os seres humanos.

Amor, desamor e nonamor

Co final do verán aparecen moitos estragos no amor. O simple feito de vivir lonxe durante o resto do ano xa causa grave sufrimento nalgunhas parellas. O peor e cando acontece unha ruptura.

A canción galega máis conmovedora

Son dous minutos e dez segundos dunha viaxe no tempo. Foi gravada no ano 1952, pero ten un sabor ancestral que leva a tempos máis remotos e a un retrato sonoro do noso pasado.

O retorno do leirón careto

En tempo de campañas electorais neste 2016 bótanse de menos dous elementos: a paixón e o entusiasmo. Semella que os candidatos gastan excesiva enerxía en criticarse e en descualificarse, cando o que pretenden é nada menos que ser quen presida un país enteiro, un país como o español de longa e tortuosa historia, cheo de sombras pero tamén de luces recoñecidas no mundo. Unha lección da vida é que -a non ser que falemos dalguén cunha xenialidade tan grande que lle permita ser amortuxado - as persoas que destacan en calquer eido amosan sempre as características calidades da vehemencia, da vontade case invencible, da fe en si mesmos.