Artigos de Ramón Torrado

Os vínculos invisibles

Di unha lei de karma que o pasado, o presente e o futuro están conectados. Levamos en nós as pegadas dos devanceiros e transmitiremos o noso selo aos que nos sucedan neste mundo tan complexo.

Rubato e a pel de galiña

Neste 2016 apareceu unha nova promesa musical en Galicia. Trátase do dúo Rubato, que ten a súa base na vila coruñesa de Palmeira. Son Miguel Ángel Iglesias Núñez na voz e na guitarra acústica e Alberto Millán Betanzos nas frautas, percusión e coros.

As bárbaras cachuchas

Dicía na Facultade de Filoloxía nos anos oitenta o profesor de Historia Don Laureano que os viaxeiros xaponeses que visitan Compostela debían quedar escandalizados cando percorrían a rúa do Franco vendo os animais mortos expostos nas fachadas dos restaurantes, e mesmo especulaba co espanto que sufriría algún deles se levantaba a tapa dunha ola de cocido galego e se encontraba cun porco mirando cara el.

Ensinanzas de Star Wars VII

- Eu son Han Solo! Eu son Fin! Eu son Rey! É o que un pensa por uns minutos á saída de ver no cine a nova entrega da saga galáctica da Guerra das Galaxias que creara George Lucas en 1977. Esta nova película titulada “O espertar da Forza” ten unha riqueza engadida que resulta moi potente para os que éramos adolescentes cando esta historia sobre o ben e o mal chegou ás nosas vidas.

Que volvan os heroes!

Chegando ao Nadal de 2015, un desexo cobra vida coa forma dunha onda xigante que leva enriba uns brillos de simbólicos espíritos viaxando cara o cumio dun promontorio onde se erixen impasibles fronte ó mar un prometeo e unha prometea, os dous silenciosos e de costas a nós.

Demasiada información

Fálase moito do exceso en peso corporal, pero que hai do exceso de peso de información que padecemos no mundo actual? Buscando uns papeis importantes para unha amiga entre milleiros de recortes de xornais e entre centos de revistas vinme cara a cara cunha monstruosa acumulación de papel. Décadas de salvamentos de textos que me chamaron a atención foron construíndo unhas columnas xigantes que resultan opresivas.

Os outros amigos de papel

Para Antón Álvez Agora que os libros de cómics – maiormente estadounidenses ou franceses - ocupan máis espazo que a Literatura Galega nalgún centros comercial, podemos programar os controis cara o corazón dos anos 70 e facer unha pequena viaxe no tempo coa misión de observar as publicacións de banda deseñada española desa época.