Artigos de Homo ambulans - Guido Álvarez

Marrocos: té, lúa e estrelas

Estas tres cousas son seguramente -xunto cos deliciosos almorzos- as que sempre lembrarei da miña primeira viaxe a Marrocos. Os tés compartidos coa xente, e unha lúa e unhas estrelas que nunca vira tan bonitas desde outra parte do mundo.

San Paolo, o café, e a amabilidade napolitana

Si me poño a pensar nos primeiros días vivindo en Napoli, recordo perfectamente aquel cúmulo de emocións. Anteriormente xa vivira un ano de Erasmus en Italia, percorrera a bota dúas veces con Interrail, incluso a excursión do instituto con 16 anos fora a Italia… pero plantarme en Napoli naquel febreiro do 2013 foi algo impresionante. Os 5 meses estiveron cargados de emocións, pero aquelas dúas primeiras semanas… ¡¡aquelas dúas primeiras semanas!!

Saint-Étienne, o Loira e os postes cadrados

O corazón do fútbol francés. O lugar onde se construíu a primeira liña ferroviaria da Europa continental. Unha das 69 “cidades creativas” do mundo segundo a UNESCO. Filla do Loira, do Pilat, e de sete outeiros. Unha das cidades con máis alma e forza no hexágono galo. Mineira, obreira, traballadora, creativa, acolledora, humana, francesa, multicultural, lendaria…. Saint-Étienne.

Un barrio sen reloxo, entre pitas e historia

No mundo hai lugares repetidos e lugares singulares. Unha metrópole europea sen apenas supermercados (Napoli), un país con máis bicicletas que persoas (Holanda), outro onde o seu presidente camiña practicamente sen escolta (Uruguai), unha cidade onde criaturas mecánicas de fantasía camiñan ás súas anchas (Nantes)… ou unha cidade na que a metros do seu pleno centro, a cen da súa Catedral, existe un barrio 100% rural e apenas modificado durante decenas de séculos, como se o reloxo tivese parado as súas agullas. ¿Onde? No Carme, en Lugo.

Saboreando a pizza entre Italia e Arxentina

Hoxe xa é unha especialidade gastronómica máis que internacional. Pero como todo, a pizza ten a súa orixe, a súa historia, e eses lugares onde o seu significado vai máis alá das sensacións gustativas. Onde a pizza é algo máis que masa, tomate e mozzarella: Italia e Arxentina.

Lembranzas de viaxeiro: Sorpresas en Eslovenia

O máis setentrional dos países balcánicos será sempre para min o país das sorpresas. E creo que non son o único. Xogadores de baloncesto, edificios relixiosos, osos pardos, bosques, saltos de esquí ou unha enorme biodiversidade, son algúns dos elementos que identifican a Eslovenia.

Un Bos Aires singular

Armenios, italianos, peruanos, galegos, rusos, franceses, turcos, chineses, ingleses, alemáns… chegan a Bos Aires e non se senten alleos, a xente non os mira como estraños. Si buscan un pouco poden atopar a alguén con pinta de ser o seu primo dicindo: “Che, me voy a laburar, ¿sabés si pasa por acá el colectivo 42?”. Esta sensación que viven os turistas, única entre as grandes metrópoles, é un dos maiores atractivos da cidade porteña.

Paseos pola Bretaña: últimos pasos

Cando cheguei a Nantes decidín comezar esta serie de artigos sobre a Bretaña co fin de achegarlle aos lectores de GCTendencias esta apaixonante terra que me namorou cando fixen a miña primeira viaxe de Interrail -con 18 anos- ou incluso antes (isto explicareino logo). Hoxe, catro capítulos despois, remata -ou descansa- esta serie de paseos por territorio bretón.