Artigos de Antón Tenreiro

Líder sen tropa

-«Cuentan de Alejandro (Magno) que una vez se metió en un río tumultuoso de la India, todo con barro, persiguiendo al ejército que peleaba con él, y que cuando iban en la mitad, los caballos perdieron pie, aquellas aguas estaban heladas, y se volvió a sus compañeros y les dijo: me cago en la leche, os dais cuenta de las cosas que tengo que hacer para que me tengáis respeto?». Antonio Escohotado.

Un, dous...e tres!!!

UN, DOUS...E TRES! A refundación que non foi quen de facer o BNG por propia iniciativa, parece que a vai facer o nacionalismo aínda sen agardar polo Bloque, que lonxe de adaptarse a novos tempos con novas politicas, deu un paso atrás e volveu ás orixes, a formulacións resistencialistas e reivindicativas que poden ter o seu éxito efímero como consecuencia da crise, pero que non aporta solucións acaídas á sociedade galega.

En que ano estamos?

Francisco Rodriguez e Xose Manuel Beiras volven estes días á primeira liña politica, un porque quere facer da súa hipotetica retirada ou "paso atrás" unha noticia de relevancia politica e o outro por sentirse aludido por ese feito como un "recado" á súa persona por encabezar unha das listas para a Asamblea Nacional do BNG. Teño que confesar que calquera dos dous me merecen un grande respeto pola súa importante aportación ao nacionalismo das últimas catro décadas, independentemente das dispares personalidades de ambos.

A liberdade que reclamades

"¿E que pensades facer coa liberdade que reclamades?". A resposta sería tan longa que non pode ser formulada por un home, porque a liberdade pedímola para unha nación, e os anceios d-un povo son infinidos no tempo; pero, ademáis, non se lle pode conceder a ninguén o dereito de interpelar con semellante pregunta a unha nacionalidade privada de vivir a súa vida. Castelao (Sempre en Galiza).

A frustación nacionalista

Cando digo nacionalista non me refiro aos seus instruumentos, pois seria uunha analise (outra vez máis) reduccionista, limitadora e verdadeira causa da paulatina perda de apoios na última decada.

Non serei nacionalista...

Á vista do que hai, non debo ser nacionalista. Dinme de baixa no BNG, pero ademáis non concordo coas teses da UPG, autenticos garantes da pureza e expendedores de titulacións de heroes patrioticos.

Xestionar victorias, xestionar derrotas

Os grandes equipos, as grandes empresas, os grandes líderes, recoñecense cando ademáis de xestionar as victorias, son capaces de xestionar as derrotas para facerse máis fortes.

De mal en pior, pero aínda pode ter arreglo...

O panorama pinta mal, fatal diría eu, que aínda que son optimista por natureza, os datos son inapelabeis, e despois de un proceso de elección de candidaturas do BNG ás cidades, a paisaxe que se debuxa é de un BNG copado en todas as candidaturas pola UPG coa conseguinte perda de apoios sociais, un +G que deixa en estado de depresión politica a case a mitade da militancia e unha sociedade que non visualiza cambio senón volta atrás.