Artigos de Xesús Veiga

O penultimo rescate de Merkel

No caso Barcenas repítese o guión que temos contemplado noutras ocasións.Cando se formularon as primeiras acusacións, os dirixentes do partido saíron rapidamente en defensa do encausado, reclamando a súa inocencia e insinuando que se trataba dunha conspiración organizada polos adversarios políticos e/ou xudiciais.

A culpa foi do Chachachá

Os dous primeiros días de comparecencias na Comisión de investigación sobre as Caixas creada no Parlamento galego tiveron un común denominador:nin os cargos gobernamentais nin os máximos directivos das entidades quixeron asumir as cotas de responsabilidade que lles corresponden no proceso de crise e morte daquelas históricas institucións financeiras.

Os datos do CIS

Hai poucos días, o Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) publicou o estudo “Postelectoral de Galicia.Elecciones autonómicas 2012” realizado entre Outubro e Decembro do ano pasado.Resulta sorprendente a demora no coñecemento deste informe.A pregunta é, pois, pertinente:estamos ante a demostración práctica dun funcionamento ineficaz deste instituto público ou cabe pensar nalgún cálculo político dos seus actuais responsábeis para beneficiar ao partido que detenta o goberno da Xunta?.

O retorno de Aznar

A Mariano Rajoy só lle faltaba a moción de censura televisiva de Aznar para completar o seu illamento político e social.Regresou o ex -presidente coa súa habitual exhibición de caudillismo sen complexos.En realidade, Aznar nunca abandonou as tribunas mediáticas para impartir doutrina –previo pago de abondosas compensacións monetarias- aos seus discípulos.

Maio de 2010

A publicación da última sondaxe do CIS certifica a consolidación dalgunhas tendencias xa coñecidas no panorama político do Estado español:un notábel deterioro da tradicional hexemonía bipartidista, o medre da desconfianza cara as principais institucións do modelo democrático xurdido da transición posfranquista (gobernos, parlamentos, partidos, sindicatos, monarquía) e o agravamento da preocupación polo desemprego e a corrupción.

A ocasión perdida de Feijóo

A comparecencia parlamentaria do presidente da Xunta non proporcionou elementos orixinais ao respeito do que vimos escoitando dende o domingo 31 de Marzo.

Palabras e silencios

Hai uns días, tivemos ocasión de vivir dous acontecementos temporalmente coincidentes e que mereceron un tratamento radicalmente diferente.

Corrupción: suma e segue

O volume de episodios que se están coñecendo no penoso capítulo da corrupción política ameaza con chegar a un punto de saturación informativa que pode provocar unha certa desconexión entre amplos sectores da opinión pública.