Artigos de Xesús Veiga

A saída de Feijóo

A hipótese -tantas veces manexada- do desprazamento de Feijóo á política estatal xa está confirmada. O dirixente do PPdG vai ser aclamado como presidente estatal do seu partido despois de participar nun espectáculo cainita que permitiu visualizar as peores prácticas imaxinábeis no ámbito da política.

O desencontro nacionalista de Amio

Neste ano que ven de comezar, cumpriranse dous aniversarios significativos. Hai 40 anos -no mes de setembro de 1982- naceu o BNG despois dun proceso de unificación de varias correntes nacionalistas. Nos últimos días de xaneiro de 2012 tivo lugar a XIII Asemblea Nacional do BNG -celebrada no recinto compostelán de Amio- que orixinou o posterior abandono dunha parte -minoritaria pero relevante- da organización frontista.

Crise na Ucraína

A chamada crise de Ucraína está sendo un bo termómetro para medir a temperatura actual do escenario internacional, os cambios rexistrados a respecto do pasado e as incógnitas que se abren para o futuro.

Dous anos do goberno de coalición PSOE-UP

Realizar un balance do sucedido nos dous anos da lexislatura estatal resulta unha tarefa complicada pola conxunción de tres circunstancias singulares: a carencia de precedentes -no sistema político vixente dende 1977- na existencia e funcionamento dun goberno de coalición no ámbito da Administración central do Estado; as dificultades para manter a maioría parlamentaria que permitiu a investidura de Pedro Sánchez no mes de Xaneiro de 2020 e, -por último pero non o menos importante- o imprevisto desenvolvemento da pandemia do coronavirus a partir de marzo de 2020.

A trascendencia da caída da URSS

Unha persoa que nacera hai 30 anos pode ter un coñecemento da existencia e desaparición da URSS a través do contido dos currículos académicos, de calidade mais ou menos contrastada. Para quen dobramos -ou mais- ese horizonte vital, a Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas foi moito mais que un capítulo na historia do século XX.

Unha nova xeira para a oposición galega?

As eleccións ao Parlamento galego previstas para o ano 2024 pecharán un ciclo que contará con dúas citas anteriores: a celebración dos comicios locais en 2023 e a convocatoria -en data indeterminada- para elixir as Cortes Xerais do Estado.

Non se ve luz no tunel do financiamento autonómico

O sistema de financiamento autonómico vixente foi aprobado no ano 2009 e, tal e como se contempla na normativa existente, debía ser revisado en 2014.Existe, por tanto, unha escandalosa demora de 7 anos que merece unha mínima reflexión previa.

Vellos e novos retos para o BNG

Nun breve espazo de tempo, coincidiron dúas citas internas moi relevantes para as forzas que conforman a oposición no Parlamento galego: a realización das eleccións primarias para elixir o segredario xeral do PSdG e a celebración da Asemblea Nacional do BNG.