Artigos de Xesús Veiga

A encrucillada cubana

Cada certo tempo, a situación política e social na que vive Cuba ocupa lugares destacados no mundo mediático do Estado español. Nesta última ocasión, o motivo da aparición foron as protestas rexistradas nalgunhas cidades e vilas da illa caribeña por mor das dificultades que atravesa un amplo sector da poboación para conseguir os bens e servizos que precisa para facer fronte aos efectos derivados da pandemia do coronavirus.

Continuismo e cambio na pandemia

Poucas semanas despois de comezar a pandemia, diversos analistas atrevéronse a formular prognósticos sobre os impactos da crise sanitaria nos comportamentos sociais e nas estruturas económicas e políticas existentes nos ámbitos estatal, nacional e internacional.

O labor da oposición galega

Un ano despois da vitoria de Núñez Feijóo nas eleccións ao Parlamento galego, resulta pertinente completar a mirada analítica cunha avaliación do labor desenvolvido polas forzas da oposición nos últimos 12 meses.

Desexa Feijóo un PPdeG máis autónomo?

Houbo un tempo -o comprendido, basicamente, entre os anos 1979 e 2005- no que se falaba, en moitos medios de comunicación, do “oasis catalán” para facer referencia ao clima político singular que se vivía naquela nación por mor da capacidade que exhibían as forzas políticas maioritarias para tecer consensos relevantes no seu labor institucional.

Luces e sombras na batalla contra a violencia de xénero

Nos últimos días, sucedéronse varios acontecementos reveladores: a confirmación da morte dunha das dúas rapazas desaparecidas hai unhas semanas en Tenerife, o asasinato dunha muller andaluza de 17 anos -embarazada de 4 meses- pola súa ex-parella (de 23 anos) e a constatación do medre espectacular dos episodios de violencia de xénero a partir do remate do estado de alarma.

Os indultos como punto de partida

Que pensariamos de alguén que, para analizar as características dun filme denso e prolongado, proxéctase, exclusivamente, o contido e a forma dun fotograma particular do mesmo? O normal sería considerar que esa valoración é  sumaria e/ou superficial. Necesitariamos visualizar todo o relato  filmográfico para estar en condicións de emitir unha opinión suficientemente ampla e profunda.

As pegadas do 15M

Hai agora dez anos, aparecía  o chamado “movemento 15-M”.Cando xurdiron aquelas manifestacións e acampadas protagonizadas por milleiros de persoas –cunha porcentaxe moi maioritaria de mozos e mozas- no mes de Maio de 2011, rexistráronse reaccións diverxentes na opinión pública e na publicada. Houbo, sen dúbida, simpatía expresa ou tácita en moitos sectores sociais que padecían unha dupla frustración: a derivada das penalidades asociadas ao impacto da crise económica nas súas condicións de vida e a que suscitaba o papel dos gobernantes –que, no caso do goberno do Estado, pertencían a un partido político que se autoidentificaba no universo da esquerda- na xestión da desfeita económica.

A vitoria de Ayuso

As eleccións celebradas, o día 4,  na Comunidade de Madrid completaban o catalogo de citas coas urnas  rexistrado no período de pandemia. Nos casos de Galiza, Euskadi e Cataluña a convocatoria derivaba da caducidade -explícita ou tácita- das respectivas lexislaturas parlamentares. Sabíase da notábel complicación que xeraban as circunstancias sanitarias no desenvolvemento da campaña e na propia realización dos comicios. Houbo, mesmo, discusión entre as forzas políticas concernidas a respecto da pertinencia das datas establecidas debido á persistencia dunhas cifras de contaxio que causaban unha lóxica preocupación.