Artigos de Xosé Glez.

O xulgado da Fonsagrada, un exemplo a imitar

Cando Antía González Álvarez remate a carreira de Dereito –pouco lle falta- ingresará na Irmandade Xurídica Galega, como fixeron este ano trinta xuristas no acto celebrado no pazo de Fonseca o pasado día 27 de xuño. Unirase a esas fornadas que desde a xudicatura e a avogacía están emendándolle a plana ás vicisitudes históricas que marxinaron a lingua galega na administración de Xustiza e procedementos procesuais. Eladio Prieto Bellas, xuíz da Fonsagrada podería apadriñala en tal celebración solemne. Sería unha honra vindo de quen leva exercendo o seu maxisterio xudicial en lingua galega arreo.

Novos xuíces honorarios do Couto Mixto

Cando visitamos por primeira vez o Couto Mixto, territorio histórico formado polas parroquias de Santiago, Rubiás e Meaus –as dúas primeiras pertencentes ao Concello de Calvos de Randín e a última a Baltar- apenas podíamos imaxinar que estabamos a percorrer camiños e aldeas dunha entidade local con personalidade de seu ata o punto de teren dereitos e privilexios especiais.

Irmandade Xurídica Galega

En 1987, convocados por pola Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística (AFNLG), xuntáronse trinta xuristas nun coñecido restaurante do concello de Rois para abordar a estratexia da galeguización xudicial e actividades dos profesionais do dereito expresada na “Declaración de Rois”.

Irmandade Xurídica Galega

En 1987, convocados por pola Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística (AFNLG), xuntáronse trinta xuristas nun coñecido restaurante do concello de Rois para abordar a estratexia da galeguización xudicial e actividades dos profesionais do dereito expresada na “Declaración de Rois”. Xuíces, fiscais e avogados acordaron iniciar un proceso que non podía ser adiado indefinidamente cando outras administracións públicas xa levaban un camiño andado desde 1984. Daquela cento noventa e oito rexedores municipais asinaron en Compostela a “Declaración dos alcaldel galego a prol da lingua galega”.

Premios Peña Novo

Cando un Real Decreto do Consello de Ministros presidido por Antonio Maura con data 24 de xuño de 1904 autorizaba o uso de calquera dos idiomas en España para as conferencias telefónicas e para os telefonemas e telegramas privados, faltoulle pouco a Lois Peña Novo para que en nome das Irmandades da Fala enviase un ao congreso que se celebraba en Iruña no que se acordara solicitar do Goberno a oficialidade dos “idiomas das nacións ibéricas”.

Soberanía estética de Galicia

En 1918 celebrouse en Lugo unha asemblea de personalidades representantivas de Galicia convocadas polas Irmandades da Fala para debateren un programa de autogoberno. Unha das propostas aprobadas avogaba por proclamar a soberanía estética da nación galega, que se exercería sobre as construcións urbás e rurais, ditándose unha lei que obrigue aos propietarios a axeitaren a respectaren as tipoloxías pecualiares de cadanseu lugar, ao tempo que propuñan a expropiación de monumentos e paisaxes.

Galego con leite

O Foro E. Peinador vén pregoando dende hai anos a necesidade reformular a celebración do Día das Letras Galegas; mesmo lle propuxemos o ano pasado á Real Academia Galega que dedicase un mes das letras ao empresario, mecenas e filántropo galeguista, Enrique Peinador Lines do que se cumpre o próximo día 20 de xuño o 75º cabodano do seu pasamento; ou ao investigador e tamén empresario de minas, Isidro Parga Pondal a quen Foro Peinador lle dedicou o ano pasado o Día da Galeguidade Empresarial. Ambos os dous con perfís de galeguistas ben definidos.

Somos ou non somos

Abonda con prestarlle atención ao tráfico automobilístico das nosas estradas para decatármonos de que boa parte da publicidade comercial reproduce os topónimos, maiores e menores, dos lugares onden radican esas empresas deturpados. É tal o desleixo que nalgún casos resultan incomprensibles. Esta constatación evidencia a insensibilidade de boa parte do empresariado galego polo noso patrimonio cultural.