Artigos de Xosé Glez.

Tempo de festas

Se eu formase parte dunha comisión de festas había ter ben presentes algúns aspectos fundamentais.

En Salceda de Caselas trabállase polo futuro da nosa lingua

En Salceda de Caselas remata o mes das Letras Galegas cun acto de reafirmación do galeguismo individual. Ben están os outros que foron convocados arredor da figura de Díaz Castro. Pero de nada servirá que enchamos os andeis das librerías con libros galegos se a maior parte da sociedade galega vive desgaleguizada. A lingua galega ten que procurar outros espazos sociais para que sectores tradicionalmente alleos ao discurso da normalización o fagan seu. Para que isto aconteza cómpre mudarmos o discurso e medios empregados deica hoxe.

Galeguismo xurídico

Cando hai trinta anos o maxistrado Claudio Movilla Álvarez , maxistrado da Sala do Contecioso-Administrativo da Audiencia Territorial da Coruña, ditou a primeira sentenza en lingua galega, algúns tiñamos o convencemento de que estabamos a retomar os fíos da historia tronzada polos “séculos escuros”. O amigo, xa falecido, comunicábame a boa nova ao tempo que me indicaba as dificultades que daquela tiña a utilización da nosa lingua nos usos xudiciais: “Esperemos que nun próximo futuro, o que agora é un acontecemento -que triste considerar esto como un acontecemento!-, se converta nunha rutina”.

Cónclave empresarial no Pazo de Mariñán

En certa ocasión respondín a unha pregunta que me fixeron sobre o proceso de normalización lingüística dicindo que os que queren non poden, e os que poden non queren; non queren que a lingua galega traspase os lindeiros tradicionais da literatura na que vive choída. Este dilema está aínda sen resolver despois de moitos anos de apelarmos á necesidade de planificar a política lingüística. Conseguido este obxectivo coa aprobación polo Parlamento de Galicia do Plan Xeral de Normalización Lingüística en 2004, ben mirado, pouco se ten feito desde certas instancias.

Empresarios e académicos

Nunca acontecera tal cousa desde que se fundara a Real Academia Galega; pero foi así: unha ampla representacións dos seus académicos co seu presidente reuníronse co Foro E. Peinador os pasados días no Balneario de Mondariz para debatermos proxectos de normalización lingüística.

Blanco amor connosco

O día 1º de decembro de 1979 falecía en Vigo Eduardo Blanco Amor. Coa súa morte a literatura galega perdía un dos mellores cultivadores da novela. O Concello de Redondela por aquelas datas quixo amosar o seu pesar por tal perda convidando aos concellos galegos a participar na primeira iniciativa cultural municipalista coa creación dun premio que levase o seu nome. A resposta foi inmediata: trinta e cinco corporacións municipais aprobaban nos respectivos plenos o apoio con cadansúa aportación de vintecinco mil pesetas para poñer en marcha un proxecto que habería ir rotando polos concellos mediante sorteo.

Vivir do conto

A frase utilízase recorrentemente para reclamar autenticidadenas condutas. Asi llelo expliquei aos amigos Armando Fernández e Xosé Lamelas na entrevista que me fixeron para a audición radial “Sempre en Galicia” que desde Radio Cornellá emiten todos os sábados para a colectividade galega en Catalunya.

Homenaxe ao pobo de Tourém

Nas Terras do Barroso está a aldea de Tourén, que os arraianos galegos denominan Turei; unha freguesía do Concello de Montalegre, porta con porta con Randín deste lado da fronteira galega, e a unha carreiriña dun can do Couto Mixto se ímos polo Camiño Privilexiado.