Artigos de Xosé Glez.

Homenaxe ao pobo de Tourém

Nas Terras do Barroso está a aldea de Tourén, que os arraianos galegos denominan Turei; unha freguesía do Concello de Montalegre, porta con porta con Randín deste lado da fronteira galega, e a unha carreiriña dun can do Couto Mixto se ímos polo Camiño Privilexiado.

Na bandeira unha estrela e no bico un cantar

Antón Seoane vén de publicar un libro co evocador título “De Voces Ceibes a Milladoiro” que é un exercicio memorístico imprescindible para coñecermos as orixes e artellamento do movemento popular da canción galega. Hai corenta anos! É de agradecer o esforzo que fixo para recuperar do faiado da memoria datas e feitos agora migalleiramente relatados. Foi curta a súa vida – 1973 – 1978 -, pero intensísima en actividades, que el mesmo resume asi: “Cinco anos que semellan esquecidos e que, non obstante foron ricos como espello dun tempo de cambios e un certo sentido, testemuño dunha orde de cousas que esmorecían e outras que empezaban a súa singradura. Concordo totalmente.

O Parlamento apoia a etiquetaxe en galego

O Parlamento de Galicia aprobou por unanimidade unha proposición non de lei que insta á Xunta de Galicia a impulsar o consumo de produtos galegos.

Irmandade da sanidade galega

O profesor Ramón López Vázquez é autor dun libro de recente aparición titulado “Domingo García-Sabell e a fenomenoloxía”. Disecciona en varios capítulos o pensamento do herdeiro máis sobranceiro da Escola Médica Galega. Nun deles debulla moi migalleiramente a importancia que ten no sanador a formación antropolóxica. A arte curandeira de comprender a identidade interna das persoas require, dicía García-Sabell, dun médico antropólogo, que saiba moito, ademais de ciencia hipocrática. Porque o doente é portador do seu propio mundo cultural, por exemplo, o galego, e iso supón que o médico o coñeza e utilice para atinar no tratamento.

Benito Montero, un fiscal galeguista

A Asociación Cultural O Brado d´A Estrada homenaxeará o próximo día 14 no Teatro Principal ao fiscal da Audiencia Provincial de Pontevedra Don Benito Montero Prego pola súa decisiva contribución á normalización lingüística nos usos xurídicos e xudiciais. Méritos ten abondos para recibir tal recoñecemento.

Bos viños con identidade

A Asociación Álvaro das Casas convócanos no Pazo dos Ulloa, Eposende-Ribadavia, ao acto público de entrega dos “Bacelos de Prata”, galardón que premia ás adegas que etiquetan no noso idioma.

Día da restauración da memoria lingüística de Galicia

Os lugares máis evidentes da desmemoria lingüística de Galicia son os cemiterios. Por incomprensible que poida parecer a “parroquia dos mortos” non fala a mesma lingua que a dos vivos. As lápidas dos camposantos galegos amosan a renuncia dos galegos ao seu idioma; prefiren, nos máis dos casos, lembrar aos seus defuntos nunha lingua na que nunca falaron en vida.

Luís Soto. Vieiros da memoria

Cando estamos a píques de celebrarmos o cabodano do pasamento de Luís Soto Fernández (12 de novembro), a Fundación Lois Peña Novo e o colectivo Galeguizargalicia considera oportuno procurar na súa memoria aqueles feitos senlleiros que a adornan e agrandan. Para rendérmoslle a merecida homenaxe propuxémoslle a dez concellos galegos, nos que deixou a pegada imborrable o seu maxisterio, programar un roteiro para deixar constancia do seu paso por eles.