Artigos de Manuel H. Iglesias

Un presidente que dá a nota

A verdade é que cada día que pasa entendo menos as declaracións do presidente da Xunta, pois en Galicia sempre está mudo e fuxindo dos grandes problemas desta nosa terra e agora vai a Catalunya a dicirlle o actual presidente dos cataláns que é o inimigo principal que eles teñen. Manda nabo. Parece que para andar na palestra hai que dar a nota aínda que o desafine sexa moi groso.

Pagar dúas mensualidades?

Cando era presidente do goberno o señor Aznar, vendéusenos, igual que agora, a liberdade de mercado como a panacea para abaratar os prezos da enerxía, dos petróleos e comunicacións. Había que rematar cos monopolios herdados do réxime, pois estes eran negativos e facían que os cidadáns pagásemos prezos moi caros polos produtos que nos vendían. Desa maneira o Estado desfíxose, ou si se quere malvendeu, empresas públicas e quitou o mercado da libre competencia os monopolios neste caso dos carburantes, electricidade e comunicacións. Ate aquela época nada se sabía, por poñer un exemplo, do “deficit tarifario eléctrico” nin se falaba de pobreza enerxética.

Quen manda en Ourense?

Cando nada máis comezar o mandato dimite o número tres dunha lista gañadora, algo indica que as cousas non funcionan con toda a normalidade. E algo sinala que máis que andar o equipo este xa camiña renqueante.

Trolas en precampaña

Mentres Bárcenas acusa ó PP e os seus xefes, incluído o presidente actual, de financiamento ilícito e cobro de sobresoldos dende os tempos de Fraga, e os dirixentes populares lle chaman delicuente e din que non o coñecen o tal suxeto, o sr. Rajoy, despois de retirar ó ministro que fixo o traballo sucio na educación e nomear outro para adornar o consello, anuncia a baixada do IRPF nun punto e, como non podía ser menos, de maneira lineal. Para, desta maneira, anunciar que con esa medida empeza de maneira oficial a precampaña das xerais, a cal parece que xirará baixo a idea de que: Os populares, cumplimos o 90% das promesas que anunciamos cando chegamos ó poder hai catro anos.

O fallo do concurso eólico

A memoria colectiva é moi fráxil, e sabedores desta debilidade humana, como as novas diarias que nos atinxen son tantas, o esquecemento de moitas falcatruadas que os gobernantes nos fan, está asegurado dado que non ten castigo electoral. E como o que importa e chegar o poder, todo está xustificado nas campañas electorais.

Cousas que pasan en Ourense

Mentres os partidos andan a facer o balance das eleccións do 24M e achegase o día no que se elixirá ó alcalde da cidade; mentres uns quitan peito dicindo que foron o partido que mellores resultados quitou na provincia para a súa formación e esquecen, intencionadamente, que, sendo a provincia que máis votos porcentuais aporta para os populares a nivel galego, é a última na cola en todos os indicadores que miden o benestar social, na nosa cidade acontecen outros asuntos que parecendo de menor importancia teñen o seu aquel. Resaltarei tres.

Idioma e autoestima

No día das letras lembrei cando no 1976 os xornais galegos saían á rúa coas súas portadas no idioma de Rosalía. Reivindicábamos daquela que o galego se ensinara nas aulas.

Asesoracións verbais

Cada día que pasa aparecen nos medios novas relacionadas coa corrupción, tratos de favor, pagos sen xustificar ou asuntos encubertos que sinalan que algo podre se coce nas mans dos políticos, fundamentalmente os do partido do goberno. Son historias que cando se xustifican chaman poderosamente a atencións dos cidadáns. Claro que a todos estes representantes dos cidadáns éncheselles a boca de palabras de legalidade, de permisos de tal ou cal comisión, pero o certo é que estes señores parece que queren facernos parvos ou idiotas coas súas lerias.