Artigos de Manuel H. Iglesias

A gran farsa

Vivimos nunha sociedade onde as verdades a medias e as grandes mentiras invaden case todo. E como vémonos impotentes diante estes feitos e aconteceres diarios, preferimos mirar para outro lado, pois somos sabedores de que, dende o poder e outras institucións, a mentira amparada no argumento do mal maior, campa non só nas institucións de goberno, se non na sociedade; por iso case todo nos dá igual, cando non debera se así.

Chegou a hora da política

Pois nin se parou o mundo, nin se rachou nada, e menos houbo enfrontamentos na rúa. Todo foi normalidade. E dentro dese clima os cataláns que voluntariamente quixeron, que foron moitos, votaron, e máis de dous millóns de persoas participaron nunha consulta cívica que, con todos os peros que se lle queiran poñer, foi modélica na organización e amosou a cara dun pobo maduro que defende a súa identidade e aspira a un espazo de soberanía política e económica que hoxe non ten.

Un líder cos pes na terra

Despois dun longo tempo de silencio falou Quintana. E fíxoo no centro cultural que leva o nome dun ilustre nacionalista: Marcos Valcarcel. Na comparecencia, co local ateigado de público, maiormente galeguista e nacionalista, deu un repaso de como ve a Galicia nun momento no que é posible que teñamos preto modificacións que afecten ó modelo territorial do Estado. O título da conferencia foi: Que pasa con Galicia.

Falou o presidente

Poderemos estar ou non dacordo, pero a entrevista do presidente Mas que recentemente fixo nunha televisión, amosou a un lider que, ademáis de saber o terreo por onde pisa, é un dirixente que defende os intereses dos cataláns, con argumentos sólidos e democráticamente impecables.

Que se entende por tradición?

Con suma frecuencia escoitamos referencias á tradición e o que se entende por tal definición. Desta maneira afirmamos que facemos aquela actividade pois é unha costume que ven de vello e, polo tanto, é unha tradición. Este termo que permite moitas interpretacións leva a conflictos e mesmo enfrontamentos pois, existen sectores sociais que entenden que baixo o paraugas da tradición, mantéñense costumes que a día de hoxe son discriminatorias contra as persoas, ou que amparan o maltrato dos animais, e que deben ser cando menos revisadas ou prohibidas.

Un patio de vecindade

Como se fora un patio de vecindade e pouco menos que unha tasca onde se discute de todo; onde se mofa e se banaliza, o presidente da Xunta, nun alarde de verborrea, insulta a un grupo político, sin que a presidenta do parlamento lle diga nada. E, o portavoz do grupo insultado, contesta con outro insulto, amosando ámbolos dous un nivel nas formas que arrepía.

Reformas que son contrareformas?

Nin en agosto se pudo estar tranquilo, pois o mes no que hai máis xente de vacacións, veu cargado de novas tristeiras e preocupantes e de algunha que ten viso de ser esperanzadora.

Nacionalismo bo e nacionalismo malo

Cantidade de veces resulta difícil discernir entre o que se entende por nacionalismo bo e nacionalismo malo. Pois segundo os asinantes do manifesto dos cincuenta intelectuais, que hai días se presentou en Madrid, todo o nacionalismo que non é o español é o malo, cuestión difícil de entender pois, por qué razón resulta malo e nocivo quererlle a unha terra, defender a súa propia lingua e cultura, sobre todo cando esta foi agredida polo nacionalismo supostamente bo durante tantos anos?.