Artigos de Manuel H. Iglesias

Cambalache

Son dos que creo que a historia non se repite, pero si que existen certos feitos que semellan paralelismos que acontecen nas sociedades cada certo tempo, fitos que nos indican que debemos coñecer o pasado para, na medida do posible, entender o presente e intuír o futuro.

Beatificacións e mortos nas cunetas

A historia demóstranos que, cando un conflicto bélico como foi a guerra civil do 36 asola un país, as grandes feridas sempre se restañan cun pacto e un perdón colectivo. Pois, de non facerse desa maneira, estas traxedias seguen supurando, o que ven a ser o mesmo que afirmar que as feridas non están pechadas e son motivo de preocupación alomenos da parte, neste caso, dos perdedores, pois estes reclaman recoñecemento e xustiza para os seus mortos.

A dialéctica dos mercados

Sempre entendín que o goberno do Estado tiña capacidade para intervir no control daqueles servizos e materias de consumo que se consideran básicas para o funcionamento da sociedade. Deste xeito, cando os combustibles e a luz estaban baixo o control dun monopolio, o goberno era o que finalmente lle poñía o prezo a tales enerxías. Xa sei que eran outros tempos. Logo, baixo a teoría de que, os mercados son os que regulan a economía, e que a liberación e eliminación dos monopolios traería a competencia, e esta, á vez redundaría nun abaratamento dos custes, chegou a situación actual da suba continuada, neste caso da electricidade.

Sen alternativas contra o lume

Parece que o presidente Feijoo está satisfeito de como marcha a campaña contra os incendios que deixan ermo o pais. Todo vai a mellor, pois arderon menos hectáreas co ano pasado, segundo dí o noso mandatario.

Sr. presidente: explíquese ou dimita

Pero, ¿A caso non somos a risa da Unión Europea? Penso que sí. E si esto é unha gran verdade, que acontece para que o presidente do goberno non se explique no Congreso diante os cidadáns?.

Galicia en positivo

Cando os problemas somente se perciben dende un único punto de vista e un grupo político asume a reivindicación dos mesmos acontece, con bastante frecuencia, que ise grupo pretende monopolizar todo o que se refire ó tema en cuestión e, dende unha posición de certa prepotencia dá carnés de autenticidade e dicta as formas de actuar.

A España en branco e negro

O goberno popular a instancias do ministro Wert acaba de aprobar unha lei para o ensino que amosa unha fonda saudade da escola que eu catalogo como “fría, triste e autoritaria onde, con paus e monsergas, aprendimos ristras de verbos e letanías”.

Os escraches e o nazismo

Certo día nunha conversación cuns mozos, por defender unha postura que a eles lles parecía inasumible, arremeteron contra min decíndome que tiña un comportamento ditatorial e nazi. Tomei a resposta como se fora dita sin saber o que significaba e, polo tanto, clasifiqueina como fora de contexto. Logo pregunteille que sabían eles do nazismo. Claro, falaban de oídas e soio dicían obviedades. Pero descoñecían a filosofía do nazismo. Digo eu a terrible e triste filosofía dun movemento político e social que asolou a Europa da primeira metade do século XX.