Artigos de Carlos Vázquez Padín

Báltico (austeridade) VS Mediterráneo (endebedamento)

Esta crise económica convertida nunha verdadeira depresión ten un componente que fai que o dano que está a facer se agrave terriblemente, pode parecer unha obviedade pero penso que non se lle está a dar a importancia merecida ao factor da duración da crise, que xa vai para os seis anos.

Un relevo en clave de suma

Prestes a cumprir catro anos desde a fundación de Converxencia 21 tomo a decisión de non recandidatarme á Secretaria Xeral, no III Congreso, que se ha celebrar o vindeiro 20 de abril.

Stop impostos!

Os partidos que están no parlamento galego criticanse entre eles polos abundantes casos de corrupción que saen á luz ainda que realmente estes non representan máis que a punta do iceberg da corrupción xeralizada, dirixida e orquestrada desde as “élites extractivas” das que falan Robinson e Acemoglu no seu libro “Porque fracasan as nacións”, o de “extractivas” é unha forma fina e eufemística de dicir que os paises fracasan cando o seu deseño institucional os leva a caer en mans dunha casta política cleptocrática, que extrae as rendas da sociedade, ou sexa e dito en terminoloxía común, que rouba aos contribuintes.

Galicia, como Holanda ou como Grecia?

Arrepíame a demagoxia populista daqueles que braman contra os axustes sen propor alternativas, os que fan estes razonamentos ou ben non saben restar (ingresos-gastos) para saber se o que propoñen é viable, ou ben toman ao eleitorado por parvo.

España, “o Estado gruyere”

E chegados a este punto cabe preguntarse, como vamos sair do pozo no que nos meteron en estreita colaboración, por un lado, a expansión crediticia xerada polos baixos xuros do BCE, expansión crediticia que financiou o despropósito da burbulla inmobiliaria, e por outro lado a cleptocracia española de PP e PSOE?.

"Supermercados Gordillo"

O membro de Izquierda Unida, Sánchez Gordillo, roubou, xunto con outros sindicalistas e políticos de ideoloxía comunista, algúns supermercados en Andalucia a semana pasada. Eles cren que están lexitimados para roubar, porque segundo a sua ideoloxía, estanlle roubando a un "explotador" para entregarllo á xente necesitada. Algunhas persoas de esquerdas xustifican o roubo de Sanchez Gordillo en que en España os ladróns de luva branca saen sempre impunes, é dicir, xustifican un roubo polo feito de que hai outros roubos que non son castigados, en lugar de defender a igualdade ante a lei e o sometimento de todos aos principios xerais do dereito, como facemos os liberais, distinguen entre roubos lexítimos e non lexitimos segundo lles informa o seu dogma, ben, isto fálanos claro de cal é o tipo de principios morais dalgúns, precisamente aqueles que cren que a sua moralidade é superior á dos demais.

Reducir deputados así? un engano

Sen dúbida os mandatarios do PP de Galicia andan moi preocupados, saben que a crise en Europa e especialmente nos PIGS (estados do sul) está desaloxando do poder a todos os mandatarios que a padecen, tamén saben que a cidadania, con bo criterio, atribue en grande medida ao nefasto desempeño da partitocracia española (PP e PSOE) a responsabilidade da crise o que leva a que o antipoliticismo e o apoio a outros partidos esté medrando con forza.

O exemplo de Inditex

Inditex colocouse en xornadas recentes como a maior empresa do IBEX 35 por capitalización bursatil. O que me motivou a escribir este artigo foi ademáis do extraordinario fito anterior, un tweet dun xornalista ao que sigo, que dicia o seguinte "Mentres os estados están en crise hai empresas, como Inditex-Zara, que gañan o 30%. Como explicalo?" Pensei que é probable que haxa xente que, influida por certas teorías, pense que Inditex gaña diñeiro porque "fai malas cousas" mentres que o Estado "perde diñeiro" porque as fai ben, e é probable que algúns pensen isto, pola forza que nas sociedades latinas ten a mentalidade anticapitalista. Pois ben, Inditex gaña diñeiro porque satisfai todos os días a necesidade de se vestir de millóns de persoas en todo o mundo, e logra facelo cunha combinación de prezo, calidade e axilidade na actualización do deseño que fai que teña logrado ser o lider mundial do sector téxtil por riba da sueca H&M e da estadounidense GAP.