Artigos de Valentin Carrera

O recreo de Bertito e o señorito da Reboraina

—¡Vas á directora, es un abusón! –dixo Bertito, choromicando e sorbendo os mocos.

México sangra

O Presidente de México, Emilio Peña Nieto, acompañado da súa guapa esposa, Anxélica Rivera [dona dunha mansión de sete millóns de dólares, pagada pola construtora do ferrocarril], descenden a escada do avión TP01 no aeroporto de Brisbane para asistir ao cumio de Líderes do Mundo (G20). Impecable gravata, elegante peiteado, o presidente e a súa dona estreitan as mans que pouco antes saudaron ao presidente de China, Xi Jinping, compartindo un “seminario de negocios”. Mans manchadas en sangue.

A dimisión sempre chega tarde

Suponse que o médico que opera a corazón aberto ten o pulso firme e a cabeza fría; e suponse certa ecuanimidade ao xornalista que abre sobre a súa mesa as vísceras, os vómitos e as diarreas de media ducia de políticos cheirentos; pero ¡que ganas de darlle unha labazada á ministra Mato e mandala a casa en Jaguar!.

Cremita: ¡feito a man!

Todo o que avanzan a lingua e a cultura galega polas mañás nas escolas, perdémolo polas noites nas verbenas. Digámolo xa con claridade: esas orquestras pailarocas son un cancro cultural. Saltou en Monforte non sei que chantaxe: fai tempo que todo deus sabe en Galicia que o mundiño das orquestras é un carajal de corrupción, pagos en negro e un reparto do negocio entre dous ou tres Padriños que recorda os usos da mafia siciliana... ou arousana.

A imputación “evidente, patente, flagrante e clamorosa” de 7 concelleiros

É moi probable que sexan absoltos os sete concelleiros do PP que serán xulgados o próximo día 19, festividade de San Pedro Celestino, en plena campaña electoral. O Auto 163/2014 da Audiencia Provincial sinala o camiño ao letrado da defensa, o mozo Pablo Mourullo, fillo do prestixioso letrado de Calo, Gonzalo Rodríguez Mourullo, a cuxo despacho madrileño acoden en procesión todos os presuntos delincuentes galegos de alto standing, urxidos e desafiuzados.

Saír do armario

Ellen Page é unha moza estupenda, podería ser a miña filla ou a vosa. Canadiana, intelixente, guapa, sinxela, boa actriz que moitos recordarán na película “Juno”, pola que, con 27 anos, estivo nomeada ao Óscar á mellor actriz. Unha delicia de ser humano. Pero é lesbiana.

Pescanova: con barba San Antón e si non a Purísima Concepción

Tic tac, tic tac. Pescanova S.A. conta as horas da súa lenta agonía. O tempo esgótase. O día 30 de abril, ás 15 h., vence o prazo fatídico. Parece unha película do Oeste, unha de cuatreiros, no canto de cabezas de gando, rouban salmóns e rodaballos.

Medo

A Concejala ten medo. Foi inaugurar unha cousa superflua e atopouse cun puñado de indignados con carteis e silbatos. Ao cortar a cinta, os “violentos” achegáronse ata rodeala, ante o pasmo de catro policías, e a Concejala sentiu por primeira vez na súa vida medo, medo físico.