Artigos de Valentin Carrera

Folga 2.0

Non perdamos nin un segundo en cuestionar a lexitimidade da folga xeral convocada para mañá, por máis que o profundo pozo de fracaso ao que levaron este asunto tanto a patronal como os sindicatos demande con urxencia un ERE colectivo ás cúpulas empresarial e sindical.

Horizonte 2017: trinta anos gobernados pola dereita

A web transnacional e instantánea cargouse fai tempo –si é que algunha vez tivo sentido- a xornada de reflexión previa ao día electoral. Con todo, á vista de fins de semana tan intensos politicamente como este, quizais o médico receite a xornada de reflexión a touro pasado. Estamos asistindo a unha revisión profunda da esquerda galega que, no prazo máis curto, pon xa a vista no horizonte do ano 2017.

O último, que peche a porta

Realmente dá unha inmensa preguiza ler unha e outra vez, cansinamente, as noticias sobre a diarrea orgánica do exbipartito galego, xa sexan sobre o PSdeG ou sobre o BNG. Como lector póñome nos zapatos de miles de lectores e paréceme compartir con eles unha inmensa sensación de fastío e cansazo. Como analista non recordo ningún momento máis soez e baixo na política galega; e debemos facer, con todo, un esforzo por intentar comprender o que está pasando. Non é que nos vaia a vida niso, pero a evaporación da esquerda galega é de tal magnitude que no próximo combate, para o que quedan poucos meses, podería gañar o PP por K.O. ou simplemente por incomparecencia do contrario.

"Intactos"

¡Que desgusto, xa me amargaron o meu carnaval favorito, correr diante dos peliqueiros de Laza! Resulta que “Belén Esteban ten que operarse o peito porque leva próteses PIP”.

As aventuras de Tintín na Cidade da Cultura

Si Galicia fose un cómic en 3D, podería ser “Tintín no Gaiás”. Alberto Núñez Feijóo é como Tintín, “listo, valente, astuto, amable e defensor sen concesións dos máis débiles” e leva sempre preto, como unha roda de reposto, ao seu fiel Milú.

Atentado na nova liña da AVE Santiago-Ourense

Axencias, 10-XII.- As desgrazas nunca veñen soas; por se non fose pouco coa recente derrota electoral e a petición do fiscal do Supremo na Operación Campión, ao Ministro de Fomento José Blanco estaloulle nas mans a inauguración da nova liña da AVE no tramo Santiago-Ourense.

Ordeno e mando

Un amigo bo e xeneroso, lector atento deste blogue, repróchame que tachase con certa dureza os consellos sociais das universidades galegas como “organismos mortos, con encefalograma plano”. A observación de B. obrigoume a reflexionar sobre a miña propia afirmación –feita levemente, pero sen lixeireza- e, agora si, fundamentala á luz dalgúns sucesos recentes, como o mal funcionamento dos consellos das Caixas de Desahorro. Cualificar o tres consellos sociais das universidades galegas –recentemente renovados rutinariamente polo Parlamento- como “organismos mortos”, pode soar forte. Quizais debese dicir “fósiles”. Vexo, si, estes consellos sociais e outros similares, os das Caixas de Desahorro, como organismos caducos, pouco funcionais, bastante acomodaticios, despegados da realidade; en tal sentido falei do seu encefalograma plano.