Artigos de Rafael Cuiña

Clariño e mirando aos ollos

En ocasións é doado levantar un teléfono dende un despacho convenientemente enmoquetado e dictar sentencias sobre o devir nos próximos tempos, daqueles elementos hostís ao criterios preestablecidos. Tralas sombras da alma nas que viven os axentes dobres do sorriso miserento e o puñal sempre presto, existen seres chamados a deambular entre vimbios degradados pola podremia instalada nos canos que montan determinados fontaneiros, ameazados pola posibilidade de caer ao baleiro da inacción, por mor da pouca resistencia que teñen os cestos nos que tiñan pensado manter ben gardados os compromisos para os que outros os elixiron, agardando o que finalmente non son capaces de dar.