Artigos de Rafael Cuiña

O leite é o futuro de Galicia

Vivimos días moi tristes para o campo galego; días nos que o sector do leite observa impotente como os nosos gandeiros van cara unha ruína vergoñenta baixo o paraugas das administracións públicas, que semellan máis preocupadas por que non lles afecte o problema, que por buscar solucións.

Realidades paralelas

Hai tempo que non me asomaba por esta fiestra de pluralidade, para comentar as miñas inquedanzas, sobre o que pasa nesta Galicia moribunda, na que os seus responsables campan ás súas anchas, mentres unha parte do pobo vive na inacción e a outra comulga con rodas de muiño.

A reforma da falacia

Dicía un home sabio da parroquia na que vivo, que "cun home que non mantén a súa palabra, non me tomo nin a primeira taza"...

Rexeneración

Vive Galicia infestada de corrupción, como se no país dos mil ríos as augas baixasen dende os acuíferos virxes e cristalinos, até os pozos negros da política actual.

De que estamos a falar?

Unha campaña electoral, de ter que existir, debería ser unha demostración palpable dos diferentes proxectos políticos que os distintos partidos ofrecen a unha ilusionada cidadanía. Este debería ser o estadio ideal no que se moveran os candidatos, e as súas caravanas electorais percorrendo a nosa xeografía e a de Hespaña. A realidade, como podemos observar todos os días, e unha moi diferente.

Europa, circo e pragmatismo

Pois xa están todas as cartas sobre a mesa cara os comicios europeos, e un, que é europeísta por convicción, non pode máis que sentir unha mestura entre ledicia e decepción, ante o previsible das apostas das diferentes forzas políticas representadas neste país.

Nacionalismo ególatra

Hai días nos que un pensa que na política, como na vida mesma, enfróntaste a diario a demasiadas rochas durante demasiado tempo, no vieiro cara o que estás convencido que debe ir o futuro da túa terra.

Nacionalismo responsable

Quixen estar un tempo sen publicar columnas de opinión en distintos medios, tras observar algúns intentos de censura dende o poder cada día máis adulterado. A perspectiva que dá a distancia das cousas miserables, fai que un poida ter unha visión ás veces diferente do estado das cousas.