Artigos de Rafael Cuiña

Unha historia de cans e esteleiros

A crise do naval en Galicia, semella un mal endémico xa na nosa sociedade, na que xestores e políticos non acaban de dar coa tecla necesaria para a reactivación dun sector estratéxico desta terra, e das súas comarcas.

A outra cara da traxedia do Prestige

Xa temos sentenza… a xustiza ditamina que o accidente do Prestige non foi máis cun cúmulo de circunstancias, sen responsables penais, que fixeron que as “explendorosas” praias de Galicia, deixasen de selo para converterse no centro dunha vergoña mundial.

“Americanos, os recibimos con alegría…”

Dende que o mundo é mundo, a espionaxe é parte importante dun Sistema, no que todos son conscientes da súa existencia, mais compiten a ver quen disimula mellor.

Debate sobre o estado (preocupante) da autonomía

Os debates sobre política xeral, na maioría dos casos, soen ser meras proxeccións mediáticas dos seus actores principais, movéndose en parámetros que comprenden entre a “alta comedia”, até a “traxedia grega”, en función de se a representación está feita polo goberno de quenda, ou a circunstancial oposición.

Imos falar claro

Verán vostedes neste chuvioso inicio de outono galego, unha serie de informacións sobre as distintas reunións que están a manter os distintos partidos nacionalistas galegos, para conformar unha candidatura unitaria ás eleccións europeas do ano próximo.

Medo ao dereito a decidir

Tiven estes días a ocasión de asistir convidado aos actos da Diada de Cataluña, polo seu Parlament, e pola propia Generalitat. Un, que é curioso observador da realidade dende que ten uso de razón, puiden comprobar o doado e simplón de algunhas lecturas políticas interesadas sobre o que na terra de Macià está acontecendo, e o diferente que é a realidade palpable que vivín.

E despois de agosto, que?

Vivimos nun país de contrastes, no que a falla de coherencia é un mal endémico, propagado por cada recuncho da terra de Breogán. Falo disto, porque no mes de agosto, a práctica desaparición da primeira liña de “combate” da caste política, é un reflexo perfecto dunha sociedade ávida de que chegue unha “revolución”, mais que a empecen outros…

Unha sociedade exemplar

As imaxes que pouco a pouco ían chegando do tren maldito, facían que en cada recuncho de Galicia a dor fose compartida por bos e xenerosos, que ante o horror dunha traxedia como non lembramos nesta terra, pregaban por todos e cada un dos afectados como se fosen un máis das súas familias.