Artigos de Pablo Vaamonde

JD Cubillo, pintor da terra

J. D. Cubillo, expón na sala do Colexio de Médicos de A Coruña (R/ Riego de Agua, 29, 1º) trinta cadros baixo o título “Cores da terra”, na que recolle a obra pictórica realizada nos últimos tres anos. A exposición estará aberta ata o día 26 de marzo.

O goberno do PP lexisla para favorecer os intereses privados na sanidade

A Sanidade Pública galega está sendo atacada desde o propio poder. Hai unha percepción xeralizada de que o sistema público está en risco polas decisións políticas que adopta o Partido Popular, que utiliza a maioría absoluta no Parlamento para lexislar a favor dos intereses privados e contra dos dereitos cidadáns.

Os irmáns Baltar Domínguez

As guerras provocan cambios definitivos na vida das persoas. Hai feridas que tardan décadas en cicatrizar. A guerra civil foi unha confrontación longa e cruel que debuxou un territorio de morte, desolación e fame, e deixou o país dominado pola ditadura franquista. Hai feridas abertas e moitas familiar aínda buscan aos seus mortos. Morreron centos de milleiros de persoas, moitos foron perseguidos torturados e encarcerados; outros fuxiron ao estranxeiro para reiniciar unha nova vida, lonxe da opresión e da miseria.

A privatización sanitaria

Os servizos sanitarios non son un gasto social insustentable, como repite o catecismo neoliberal. Pola contra, a sanidade pública é unha fonte de riqueza, de progreso e de coñecemento, ademais dun elemento esencial de integración social. O Sistema Nacional de Saúde (SNS), que se ergueu nas últimas décadas no Estado español, contribúe non só a manter a saúde dos cidadáns senón que aporta traballo e benestar a parte da poboación. Os servizos sanitarios representan unha parcela moi importante da actividade económica (o 40% dos orzamentos das CCAA dedícase a tal fin).

Don Carlos Guitián, o médico que facía as receitas en galego

Don Carlos Guitián é un médico con moito prestixio na cidade de Ourense, onde exerceu a profesión durante moito tempo (foi xefe do Servizo de Uroloxía do Hospital Provincial 45 anos e tamén tivo a súa consulta na rúa Progreso). Agora cumpre gozosamente noventa anos e un numeroso grupo de amigos fanlle un merecido recoñecemento público o próximo día 29 de abril nos locais do Liceo. O Colexio de Médicos de Ourense e a Irmandade da Sanidade Galega (ISAGA) apoian esta homenaxe.

A bondade de Pancho Pillado

Francisco Pillado (A Coruña, 1941) é unha figura principal da cultura galega. Home de teatro, activista cultural, escritor, xornalista e, sobre todo editor; o labor que veu realizando nas últimas décadas é inmenso, e a súa entrega xenerosa ao servizo da cultura e do país debe ser destacada e recoñecida.

Xosé González, un dos imprescindibles

Xosé González Martínez é unha figura importante na historia recente deste país. Nos seus anos mozos, na militancia clandestina, cando participou na creación da Unión do Pobo Galego (UPG), era coñecido como Pepiño de Teis, pois foi nese barrio vigués onde naceu hai sesenta e seis anos. Os que o coñecemos máis tarde chamámoslle Pepe de Redondela, pola súa longa vinculación laboral con ese concello do sur de Galicia. Agora que lle chega o momento da xubilación cómpre facer un recoñecemento público dos seus méritos e do seu traballo.

Xosé Cobas, trinta anos de ilustración

Xosé Cobas é unha das figuras máis importantes no mundo da ilustración gráfica do Estado. Desde o 15 de decembro ata o 12 de febreiro de 2017 presenta, no Kiosco Alfonso da Coruña, unha exposición na que se pode ver boa parte da súa obra gráfica, na que se observa a progresión realizada polo artista nos últimos trinta anos, desde os debuxos iniciais con textos infantís -luminosos e coloristas- ata os traballos máis complexos dos seus últimos libros, como os de “Cadros dunha exposición” (Kalandraka).
Pablo Vaamonde Nado na Baña en 1956. É médico de familia no Centro de Saúde de Labañou (A Coruña). Foi fundador e director da revista médica Cadernos de Atención Primaria (1994-2005), presidente da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC) de 1996 a 2005 e vicepresidente do Colexio Oficial de Médicos de A Coruña e responsable do Programa de Formación Continuada de 1998 a 2005. Foi director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas entre 2005 e 2006. Tamén foi membro da Comisión Sectorial de Sanidade que elaborou o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, colaborador habitual dos medios e autor de tres libros de narrativa: O fillo do emigrante (2002), O mes de abril (2004), Luz Divina e outros retratos (2006). Recibiu o Premio Lois Peña Novo en 2005, polo seu compromiso na promoción e defensa da língua de Galicia e é colexiado de Honra con Emblema de Prata (2007) do Colexio Oficial de Médicos da provincia de A Coruña.