Artigos de Pablo Vaamonde

Cómpre evitar a agonía dun barrio

A polémica do Hospital Álvaro Cunqueiro: relato cronolóxico (V)

Fraudes, complicidades e denuncias

A polémica do Hospital Álvaro Cunqueiro: relato cronolóxico (IV)

A polémica do Hospital Álvaro Cunqueiro: relato cronolóxico (III)

O final de ano de 2015 resultou certamente convulso para a sanidade de Vigo. O novo hospital comeza a funcionar con múltiples deficiencias e cunha enorme desorganización que preocupa a cidadáns e profesionais. O novo conselleiro –Vázquez Almuiña, exalcalde de Baiona-, estréase con dúas manifestacións –en Vigo e Pontevedra- en 48 horas. Na mobilización de Vigo os convocantes expresan as súas críticas ao modelo de xestión do Hospital Álvaro Cunqueiro (HAC), esixen o seu rescate para dominio público e reclaman que as instalacións sanitarias abandonadas sigan tendo un uso público para servizos sanitarios.

Povisa tentou pescar nas augas revoltas

A polémica do Hospital Álvaro Cunqueiro: relato cronolóxico (II)

A hipoteca do Hospital Álvaro Cunqueiro

O 22 de marzo de 2016 unha delegación de SOS Sanidade Pública, encabezada por Manuel Martín García, acudiu a Bruselas, para entrevistarse con parlamentarios europeos e facer entrega de documentación en relación coa denuncia presentada ante a Comisión Europea polas irregularidades do Hospital Álvaro Cunqueiro.

O futuro será rural

Estes días estiven relendo as dúas novelas publicadas por Manuel Iglesias Turnes. Na primeira, As rapazas de Xan, recrea con acerto e emoción o mundo dos seus avós, as penurias da aldea e a busca dun futuro mellor nas Américas.

A mocidade do rural

"Que non te aten", segunda novela de Manuel Iglesias Turnes.

“A flor da figueira”

“A flor da figueira” (Edicións do Cumio) é o título do libro que ven de publicar o meu amigo Xosé Manuel López Tuñas.
Pablo Vaamonde Nado na Baña en 1956. É médico de familia no Centro de Saúde de Labañou (A Coruña). Foi fundador e director da revista médica Cadernos de Atención Primaria (1994-2005), presidente da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC) de 1996 a 2005 e vicepresidente do Colexio Oficial de Médicos de A Coruña e responsable do Programa de Formación Continuada de 1998 a 2005. Foi director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas entre 2005 e 2006. Tamén foi membro da Comisión Sectorial de Sanidade que elaborou o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, colaborador habitual dos medios e autor de tres libros de narrativa: O fillo do emigrante (2002), O mes de abril (2004), Luz Divina e outros retratos (2006). Recibiu o Premio Lois Peña Novo en 2005, polo seu compromiso na promoción e defensa da língua de Galicia e é colexiado de Honra con Emblema de Prata (2007) do Colexio Oficial de Médicos da provincia de A Coruña.