Artigos de Pablo Vaamonde

ISAGA homenaxea en Ourense ao doutor Peña Rey

A Irmandade da Sanidade Galega (ISAGA), organización que pretende promover o uso do galego no ámbito sanitario, celebra este ano a súa Asemblea en Ourense (o vindeiro día 28 de novembro) na que rende homenaxe ao doutor Manuel Peña Rey. Esta será a quinta edición do encontro, no que tamén se incorporarán 30 novos irmandiños, persoas comprometidas co idioma galego no desempeño do seu labor profesional.

A secesión e a frivolidade

A dereita española e catalana son a mesma cousa. Gobernan para beneficiar ás élites e deixan medrar espazos de corrupción arredor dos seus postos de mando. As tramas de corruptela do PP, diseminadas por todo o Estado como unha rede de cloacas, non son diferentes das utilizadas pola familia Puyol e os seus herdeiros, que tamén cobran comisións e levan o diñeiro a paraísos fiscais.

Hospital Álvaro Cunqueiro: a gran estafa

O día 3 de setembro de 2015 celebrouse en Vigo da manifestación máis multitudinaria que se recorda na cidade. Duascentas mil persoas protestaron polas deficiencias do novo hospital (que debería ser público, como tiña aprobado o goberno progresista de Galicia, pero que Núñez Feijóo entregou a unha concesionaria -para a construción e posterior xestión- e que foi inaugurado, despois dun proceso cheo de irregularidades, co nome do escritor Álvaro Cunqueiro).

Portugal: tan preto, tan lonxe

Estes últimos días de setembro estivemos en Portugal. Os portugueses son nosos irmáns, xente acolledora e amable; para nós, os galegos, a barreira idiomática non existe. Despois do visto sospeitamos que as nosas vidas van paralelas.

O novo hospital de Vigo: responsabilidades políticas e xudiciais

Duascentas mil persoas manifestáronse nas rúas de Vigo a primeiros de setembro para expresar, nun berro colectivo, que o Hospital Álvaro Cunqueiro (HAC) - recentemente inaugurado e entregado a mans privadas para a súa explotación- non da resposta ás necesidades da poboación da comarca.

Rematou agosto

Rematou agosto envolto na néboa. O verán foi caloroso, por veces, e con pouca chuvia. A terra secou e o millo quedou cativo. Houbo moitos incendios –o último, inmenso, en Cualedro-, e a xente veu chegar, unha vez máis, o lume á beira das portas. Desde mediados de mes, os días comezan a ser cada vez máis curtos, e o tempo xa non é de fiar. Agora leva varios días chovendo, cousa que celebra a xente do campo e lamentaban os numerosos visitantes que chegaron ata aquí. Xa se nota a humidade, e os caracois, desorientados, pasean polas beirarrúas. Desde a fiestra, ata hai poucos días iluminada polo sol, reflectido no mar do Orzan, xa non se ve o Torre de Hércules. O faro, invisible, brama con regularidade, para avisar aos barcos.

A necesaria renovación do PSOE

A socialdemocracia europea, e tamén a española, foi cedendo, nos últimos anos, na fidelidade ao seu ideario, que comprometía aos partidos socialistas coa igualdade, coa defensa dos traballadores e dos servizos públicos e coa mellora do Estado de benestar, e que os debería posicionar, con total firmeza, fronte ao poder das oligarquías financeiras e fronte ás tramas dominantes -corruptas ou non- de calquera índole.

“Say my name” presenta o seu primeiro disco

Hai quen asocia xuventude con pasotismo e indolencia. É certo que hai ni-nis (que nin estudan nin traballan; pero hainos, por desgraza, de tódalas idades) mais tamén hai unha mocidade que se esforza, que se implica e colabora para mellorar as súas vidas e para construir un mundo mellor. A grande maioría síntese aludida polo traballo e o compromiso e tamén procura desenvolver as súas cualidades e aptitudes. Hai unha mocidade emprendedora e creativa que tenta buscar o seu espazo, sen deixarse levar polo desalento e a incerteza dos tempos de hoxe.
Pablo Vaamonde Nado na Baña en 1956. É médico de familia no Centro de Saúde de Labañou (A Coruña). Foi fundador e director da revista médica Cadernos de Atención Primaria (1994-2005), presidente da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC) de 1996 a 2005 e vicepresidente do Colexio Oficial de Médicos de A Coruña e responsable do Programa de Formación Continuada de 1998 a 2005. Foi director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas entre 2005 e 2006. Tamén foi membro da Comisión Sectorial de Sanidade que elaborou o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, colaborador habitual dos medios e autor de tres libros de narrativa: O fillo do emigrante (2002), O mes de abril (2004), Luz Divina e outros retratos (2006). Recibiu o Premio Lois Peña Novo en 2005, polo seu compromiso na promoción e defensa da língua de Galicia e é colexiado de Honra con Emblema de Prata (2007) do Colexio Oficial de Médicos da provincia de A Coruña.