Artigos de Xoán Vázquez

Á espera de poder dicir: "Xa o PP o fixo antes"

Situados nas antípodas do separatismo, é perfectamente coherente que Ciudadanos non queira formar goberno, nin dar o seu apoio, con aqueles que cren –ou pretende crer– que nun Estado de Dereito a Constitución pode ser obviada e o separatismo unilateral relativizado.

PSOE: Rival ou estorbo

Todos sabemos, tamén os que prefiren negalo a ventos e mareas, que eliminar ao PSOE é central ao proxecto de Podemos. Mesmo, poucos absurdos serían comparables a pretender o contrario. Pero tamén sabemos que mentres o PSOE aínda conte para algo –agardo que por moitos anos–, Podemos está limitado. Logo, é de razón que nos cálculos de Podemos entre eliminalo. Iso hai que entendelo coa normalidade inherente ás rivalidades de todo proceso democrático electoral.

Podemos, ou cando non hai nada que perder

O incrible non é que unha porcentaxe importante da poboación lle prestara o seu voto a Podemos; Podemos ofrecese como refuxio a unha poboación frustrada ata os límites da desesperación. O incríble é que un país cunha de cada catro persoas na miseria non estea arestora tomando a Bastilla; iso si é incríble.

Chulerías de recén chegados

Non foi un accidente. Houbo mala intención. Non foi unha equivocación; equivocarse é normal, quizais aínda máis normal ca acertar. Houbo esa repugnante absurdeza do “buenismo” do somos mellores cás centenarias tradicións que nos singularizan e definen. Houbo esa sutil desafortunada mensaxe de que esas tradicións pertence aos outros, ás “castas”. Ou, se cadra, só houbo chulerías de recén chegados. Non sei. E non me importa.

No espazo ético e moral de cadaquén

“O pobo no pode estar todo, e sempre, ben informado. A parte que estea mal informada ha estar descontenta, en proporción á importancia dos feitos que malinterpreta.”, Thomas Jefferson.

Rémoras das verdades máis evidentes

Sen entrar en valoracións da malograda lei do referendo catalán –para iso están os xuristas e mailo Constitucional–, se a intención era facer unha lei seria e non unha trapallada habilmente artillada polo podredoiro político para máis gloria do fecundo da podremia, é de supoñer que viñera prologada coa condición irrenunciable e claramente definida de acadar unha maioría incontestable, necesaria para aquelas accións políticas que de feito alteren de fondo a orde constitucional; ás trapalladas todo lle vale, abóndalle cunha participación dun 40 ou 50 por cento do electorado e desa porcentaxe o 50 por cento máis un, coma se tratase das normas de uso dos retretes públicos. Relémbrese que os partidos separatistas cataláns nunca presentaron un proxecto de actualización e dinamización da Constitución, Constitución que eles axudaron a redactar.

O ronsel da ruína

As rancias mañas do franquismo sobreviviron, enquistadas en tódolos partidos, en ntodos. En tódolos sindicatos atoparon espazos. En tódalas institucións públicas exerceron a súa hexemonía. E prosperaron. E adaptáronse con admirable destreza aos novos tempos.

Estado de Dereito, ou mafias organizadas

O Tribunal de Cuentas - institución chamada a enxeplarizar a honradez e maila ética - vén de recoñecerse unha mafia organizada: ao falar de mudar as formas para así controlar o nepotismo, confirma o seu propio nepotismo.