Artigos de Emilio Martinez

A bañarse, a bañarse!

Non sei ben como son os domingos para os nenos de hoxe, e como os recordarán dentro duns anos. Non sei como eran os domingos da hoxe presidenta da Comunidade de Madrid. Os meus, na década dos 70, estaban organizados arredor de dúas actividades fundamentais. Pola mañán misa ás 11 e catequeses e polas tardes cine: cine e churros. Coa miña nai e as miñas irmáns.

Isto vai de tronos

Bárbara de Nicomedi non o tivo doado na súa curta vida. Recluída nunha torre polo seu pai, para evitar un matrimonio a destempo, abrazou alí o cristianismo e ben logo a súa negativa a renegar das súas crenzas fixo que sufrira torturas e sendo decapitada polo seu proxenitor. A súa morte foi sucedida por unha terrible tormenta. En 1568 Pío V fixo santa a Bárbara de Nicomedi, que xa era venerada como patroa de artilleiros e mineiros. Santa Bárbara xa estaba presente, dende a Idade Media, no pañol onde se almacenaban a pólvora nos navíos. Unha pequena figura da mártir gardaba aqueles espazos tan perigosos da mala fortuna.

As palabras dun xeneral

Apenas un días despois de iniciado o confinamento recibín no meu teléfono un whatsapp. Era dunha persoa coa que apenas teño relación, unha amiga dun familiar, que vive en Estados Unidos, en concreto no barrio de Queens en Nova Iork, uns dos lugares con maior incidencia da pandemia.

As lembranzas e a realidade

Estas semanas de confinamento permítenme ler libros e ver series que fora deixando para cando tivera ocasión. Unha das series que rematei estes días foi “McMafia”, estreada en 2018 na BBC One, basada no libro “McMafia. O crime sen fronteiras”, do xornalista Misha Glenny, colaborador da mesma BBC e autor de varios libros sobre a guerra nas repúblicas Ex iugoslavas e outro, de 2012, “O lado escuro da rede” sobre ciberdelincuencia.

Ven o lobo?

Estou seguro que a todos, de nenos, téñennos lido o conto do pastoriño que mentres está coidando das ovellas berra, por mera diversión: “Que ven o lobo, que ven o lobo!!”, alarmando aos outros pastores que acoden axiña no seu socorro.

Todo o que debe mudar

Don Miguel de Unamuno é autor de varias frases que xa forman parte da cultura popular no Estado español. “Venceredes, pero non convenceredes”, pronunciada o 12 de outubro de 1936 no paraninfo da Universidade de Salamanca, resume perfectamente un momento histórico, aínda que D. Miguel nin sequera puidera chegar a percibir ata onde ían chegar os sublevados no emprego da barbarie e a forza bruta para impoñer a súa sen razón.

Pubes subversivas

Das moitas obras de arte que soliviantan á dereita retrograda (que abarca a case toda a dereita) eu quédome con “A orixe do mundo”de Gustave Coubert.

A necesidade de priorizar o público

Hai algunhas semanas representantes da Asociación Unificada da Garda Civil (AUGC), na provincia de Lugo, demandaban o incremento do cadro de persoal de distintos postos cun mínimo de 40 axentes, ademais da renovación do equipamento, nomeadamente os vehículos cos que prestan o seu servizo.
Emilio Martinez (Ribeira, 1965). Entre os anos 1998 e o 2005 foi presidente da Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento. Na actualidade forma parte do Consello Galego de Cooperación ao Desenvolvemento como experto independente. Licenciado en Ciencias Económicas a súa carreira profesional está ligada, na súa meirande parte, a diversas administracións públicas, como a Universidade de Vigo, na que foi vicexerente de Recursos Humanos, a xerencia da Sociedade Galega para o Desenvolvemento Comarcal, o concello de Lugo ou a Universidade de Santiago de Compostela, na que actualmente é director de área, no ámbito, logo de exercer en distintos períodos como técnico superior de Xestión no ámbito da I+D+I ou vicexerente no campus de Lugo. Ten colaborado en distintas publicacións como “A Nosa Terra”, “Tempo Exterior” ou a “Revista Galega de Emprego”.