Artigos de Manuel Bragado

Na Feira do Libro de Vigo

Comezou a Feira do Libro de Vigo, instalada na praza de Compostela até o domingo un de xuño. O venres asistimos o acto de inaguración no que Pedro Feijoo interviu como pregoeiro e pola tarde participamos nas presentacións dos libros máis recentes de Carlos Negro e Agustín Fernández Paz.

María Soliña, icona da crise

Foi un gran acerto que na presentación do novo GCTendencias (moitos parabéns e azos) no Abastos 2.0 se presentasen unha nova cervexa artesá das adegas Menduíña, María Soliña, e a última novela de Pemón Bouzas, A voz do vento, na que se afonda no personaxe histórico de María Soliño, un dos mitos galegos universalizado nun poema de Longa noite de pedra.

Xeración da esperanza

2Na excelente crítica d´ Os santos nunca dormen, a primeira novela en Xerais Narrativa de Teresa González Costa, o incansable Manuel Rodríguez Alonso adscribe á autora do Grove no que denomina »Xeración do novo século».

nic.gal

O sábado pasará á historia externa da lingua galega por ser a data na que pasou a produción en probas o primeiro espazo web con dominio punto gal.

Bibliotecas galegas á baixa

Comecimos esta semana o documento que sobre as bibliotecas galegas publicou o Observatorio da Cultura Galega.

Adeus Berrogüeto

Berrogüetto anunciou onte a súa disolución e a súa xira de despedida. Tras dezaoito anos de carreira, cinco grandes discos e uns cantos concertos memorables Berrogüetto despídese con elegancia e cun sorriso, un xeito de expresar a satisfacción pola súa achega decisiva á construción do proxecto da música galega de entre séculos.

Tras a sentenza do Prestige

A sentenza do Prestige, a pesar do fito que supuxo a súa redacción e lectura en galego, devólvenos a máis crúa realidade dun país en ruínas.

Culturgal 2013

Presentouse en Pontevedra o Culturgal 2013, o da corresponsabilidade, a palabra que na presentación utilizou en varias ocasións Xosé Aldea, o coordinador desta feira das industrias culturais de Galicia.