Artigos de Xurxo Martínez

Urbano Lugrís, a quen lle importa?

Urbano Lugrís González. Fillo dun presidente da Academia Galega (Manuel Lugrís Freire) e dunha pianista (Purificación González). Afillado de Francisco Tettamancy (vello militante da Cova Céltica). Amigo de Antón Avilés de Taramancos ou de Álvaro Cebreiro. Pai de Urbano Lugrís Vadillo.

Da Comuna ao Sacré-Coeur

No silencio dos camposantos amoréanse milleiros de defuntos. Hainos ilustres, senlleiros na historia por méritos que a sociedade recoñeceu. Hai panteóns con varios nichos da familia e hainos cun único nicho. Hai tumbas feitas na terra e outros están afuracados no granito.

O trazo social do político privatizador

A xente monta en cólera cando descobre a millonada de cartos que se chupan os executivos xubilados ou despedidos de NovaCaixaGalicia (NCG).

A reacción da frustacción

A receita inglesa está escrita en papeis co selo do Goberno Thatcher. A Dama de Aceiro, unha das teóricas e executante das políticas neoliberais que son parte da xénese da actual crise (privatización de caixas, de institucións públicas, promoción do crédito como forma de vida…), deixou unha pegada na política británica: represión fronte á protesta, policía fronte á demanda popular.

O alquimista das verbas, Aquilino Iglesia Alvariño

Se hai un poeta de formación clásica e de expresión coidada nos canons grecolatinos da rima, ese é Aquilino Iglesia Alvariño, o predicador de Seivane.

Os políticos aceptarían un almorzo connosco?

Decote miramos na prensa que tal ou cal político estivo esta mañá nun foro almorzando. Os xornalistas retallan anacos da intervención porque disque din cousas moi importantes en tales conferencias de boa sociedade.

Arredor da circunscrición única

Os seguintes apuntamentos fareinos sen a óptica dun nacionalista. Con isto pretendo evitar que os argumentos expostos contra a circunscrición única poidan relacionarse cos intereses concretos do nacionalismo.

En galego, por deferencia

Esta anécdota contouma o Gonzalo Navaza. Non sei como non se anima a facer un libro que recolla este tipo de contos. Mira que ten e ben boas. E di así:
Xurxo Martínez González Xurxo Martínez González naceu no barrio de Coia (Vigo) en 1984. É licenciado en Filoloxía Galega pola U. de Vigo e publicou a tese sobre o xornal La Oliva (1856-1857). Publicou estudos de diferente materia (La Oliva¸ Martín Sarmiento, Villar Ponte, Luís Soto...) en revistas como A Trabe de Ouro, Grial, Glaucopis. Boletín do Instituto de Estudos Vigueses ou en Arraianos. Colaborou en Vieiros.com, dende 2006 até o seu peche, n´A Peneira, Novas da Galiza e Altermundo. En 2007 publicou Fuco Gómez (AGER) e en 2011 sairá do prelo Luís Soto. A xeira pola unidade (Edicións Xerais). Preside o Colectivo Cultural A Nave das Ideas (http://anavedasideas.blogaliza.org/) e é autor do blogue O marmurio das ondas (http://omarmuriodaonda.blogaliza.org/)