Artigos de X.A. Pérez-Lema

O mito da Galicia subsidiada

PP e PSOE, canda determinados voceiros radicados nunha visión centralista e dependente, sementaron con certo suceso o mito da Galicia subsidiada. Segundo esta tese vivimos da caridade do Estado e o que compre é pedir sempre solidariedade. O prezo por esa caridade sería non facer moito balbordo nin confiar nunha Galicia próspera dende a nosa iniciativa empresarial e civil.

A coroa non é neutral

Os derradeiros anos do mandato do rei Juan Carlos afondaron na idea de que a Coroa era a Institución que pechaba e lle daba sentido ao sistema da transición, baseado no bipartidismo dinástico PP-PSOE e no capitalismo do BOE ou de amiguetes, manifestado nas grandes empresas concesionais, construtoras, de distribución eléctrica ou bancarias presentes maioritariamente no IBEX 35. Foi Juan Carlos, asemade, un Rei cun concepto fondamente unitarizante, que chegou defender en San Millán de la Cogolla (2001) que “ a nadie se le obligó nunca a hablar en español…”, afirmaciòn que descualifica á Casa Real canto á súa sensibilidade a respecto da pluralidade lingüística e cultural española.

Novo pulo ao “procès”

A investidura por maioría absoluta do Parlament do até de agora alcalde de Girona, Carles Puigdemont (Junts per el Si e afiliado á CDC) demostra a flexibilidade da política catalá, que mesmo ven de recoñecer o dirixente de Podemos, Iñigo Errejón.

O síndrome da CUP

A CUP catalá ven de rexeitar a investidura de Màs, malia que a metade dos votos da súa asemblea de Sabadell do domingo pasado foran a prol desta decisión. A abstención dos cupaires impediría que os 62 deputados de Junts per el Si invistan ao até de agora president. Haberá novas eleccións en Catalunya o 5 de marzo.

A parcialidade da mensaxe real

O Xefe do Estado escolleu este Nadal o Salón do Trono do Pazo Real de Madrid para lle transmitir á cidadanía española unha mensaxe na que tomou partido a prol dunha idea de España uninacional e esencialista, vencellada a unha suposta historia común de grandes éxitos. E vencellou a Monarquía, a Coroa, a esta idea esencialista, máis ancorada no pasado que proxectada no futuro.

Máis ca nunca a clave é territorial

Co escrutinio case rematado, tanto no noso País como no conxunto do Estado, ningunha coalición a dous, agás a moi improbábel do bipartidismo dinastico (que suman uns 215 sobre350 deputados, máis de 80 menos ca en 2011) acada números próximos aos 176 escanos da maioría absoluta.

O sector lácteo á intemperie

Algúns xa dixemos que o acordo lácteo asinado en setembro en Madrid non era quén de amañar a desfeita no sector lácteo galego.

Unha fórmula caducada

Este día 6 cumpríronse 37 anos dende a aprobación da vixente Constitución en referéndum, polos cidadáns que tiñan 18 anos naquel intre. Velaí unha das razóns da distancia de millóns a respecto do marco constitucional actual: todos os que nacimos despois do outono do 1960 non puidemos votar esta Norma Fundamental.
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.