Artigos de X.A. Pérez-Lema

A España inviábel

O problema para Galicia non é só que os seus alicerces económicos estratéxicos sexan para o Estado prescindíbeis, como vimos nestas semanas coas crises dos sectores naval e leiteiro. Ou que Galicia non poida gobernar os seus portos, doutro xeito seguro referente da grande autoestrada do mar que vai dende Londres, Antuerpe ou Rotterdam á nova Canle de Panamá. Ou que non teña voz propria en Bruxelas para defender os nosos intereses.

Collen uns e outras

Semella que gañou moito apoio social a proposta dunha candidatura cidadá e unitaria galega ás vindeiras eleccións xerais. Unha Maré galega, que integre aos partidos, mais dende o predominio cidadán e social, dende esquemas que posibiliten a adscrición persoal de todos os cidadáns. É dicir, ao xeito no que xurdiu e tomou corpo a Marea Atlántica coruñesa.

Reformarmos a Constitución

A Galicia e a España do 1978 non son as mesmas ca as do 2015. A evolución social, tecnolóxica e económica, mais sobre todo a superación das circunstancias da transición (as resistencias dun franquismo sociolóxico que aínda dominaba naquel ano os resortes burocráticos e militares do Estado) xustificarían unha modificación real das regras do xogo, deturpadas hoxendía, tamén, pola ocupación das estruturas de poder polas elites do bipartisdismo dinástico PP-PSOE.

O valor da unidade

A iniciativa dunha cumprida representación do noso mundo profesional e cultural para a celebración cidadá do Día da Nación galega o vindeiro 25 de xullo ten un valor evidente, porque convoca unha celebración que trascende partidos e vertebra á nosa sociedade. Tendendo a unha reivindicación baseada na nación como acto de cidadanía, como acto de civismo e vontade.

A pinza PP-PSOE

PP e PSOE seica monopolizaron a representación política dende 1982, despois da desfeita da UCD. O chamado “sistema da transición” é, basicamente, a do bipartidismo dinástico, abeirado na lei D´Hondt e nunha retroalimentación que abrolla con descaro cando se lle cuestiona seriamente. Se no 1979 a UCD, Coalición Democrática (antecedentes principais do actual PP) e PSOE deron cabo á experiencia do goberno de coalición n’A Coruña de Domingos Merino, hoxendía voltamos á pinza amosada nos recentes Plenos de organización da mesma cidade e de Lugo. O mesmo Feijóo ven de declarar nunha entrevista que quere “un PSOE forte que lle diga non aos nacionalistas e a Podemos”.

Pararmos os desafiuzamentos

A Constitución non recoñeceu un dereito subxectivo á vivenda, senón que converteu a provisión de vivenda digna nun dos principios reitores das políticas sociais e económicas, só reclamábel en función das leis que regulasen estas políticas. A recesión multiplicou os casos de desafiuzamentos de vivendas, quer por execucións hipotecarias, quer pola falla de pagamento dos alugueiros. E o PP, gobernante na altura na Xunta, no Estado e en moitos concellos amosouse absolutamente desleixado cara estes problemas.

Maré galega para gañar

Diversos partidos (CXG, BNG, EU, Anova…), canda entidades sociais, como Somos Nós, formularon xa a súa proposta para unha candidatura galega de unidade para as vindeiras eleccións xerais. E dun xeito moi maioritario as distintas opinións concordan na necesidade de que a candidatura teña o seu centro de decisión na Galicia e dea lugar a un grupo parlamentario de seu e na altísima conveniencia de que a candidatura se constrúa dende a base social, cun nidio protagonismo da sociedade civil, ao xeito dunha maré galega.

Candidatura de país

O baño de realidade das pasadas eleccións locais e a velocidade de vértigo á que se moven hoxendía as tácticas políticas xerou un escenario que ningúen tería prognosticado hai seis meses...
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.