Artigos de X.A. Pérez-Lema

Rajoy e Feijóo liquidan as axudas da dependencia

Zapatero artellou un sistema de axudas á dependencia para dependentes severos (grao II) e grandes dependentes (grao III) e aprobou a Lei de promoción da autonomía persoal na fin do 2006. Unha lei e un sistema que presentaban a clara deficiencia da súa falla de dotación de recursos, que tiveron que ser suplidos, no caso de Galicia, pola política social que desenvolvía o Vicepresidente Anxo Quintana. Mais o certo é que cando Zapatero saiu do Goberno do Estado, na fin do 2011, as distintas Administracións autonómicas atendían máis de 700.000 dependentes de grao II e III.

Decidirmos nós

A aparente converxencia de todos os axentes políticos galeguistas e outros de decisión estatal nunha plataforma galega para as vindeiras eleccións xerais non agacha certas e importantes diferenzas de criterio. Mentres o BNG defende cinguir o acordo ás forzas e sectores cidadáns non integrados noutras estruturas estatais, Podemos ou EU, maila recoñecer a singularidade do espazo políitico galego, semellan querer supeditar a eventual converxencia galega a un lexítimo proxecto que trascendería Galicia.

A nova política fala galego

Hai dez meses semellaba que as novas respostas á corrupción e ás crises económica e institucional virían no noso País de formulacións estatais, como Podemos e Ciudadanos. Semellaba que o galeguismo ía ficar á marxe desta corrente, arrumbado na vella política partidaria, sen pulo fronte ás novas esixencias da cidadanía, nomeadamente nos espazos urbanos.

A singularidade da Marea Atlántica

A Marea Atlántica gañou as eleccións locais n’A Coruña, obtendo 10 concelleiros, fronte ao alcalde Negreira (PP) que retivo outros 10 cuns poucos menos votos. Os socialistas obtiveron 6 e o BNG 1. Ninguén máis obtivo representación.

Gobernarmos en coalición

Disque a forza de goberno perderá a maioría absoluta en varias das nosas principais cidades. E xa hai quén prognostica as grandes pragas do Exodo. Cando as maiorías absolutas son circunstancias inducidas polo pouco aquelado sistema D´Hondt, entregándolle o goberno a partidos con menos do 45% dos votos e, ás veces, con menos dun 28% dos electores.

Filgueira Valverde

Xosé Filgueira Valverde, a quen conmemoramos no vindeiro Día das Letras Galegas, é unha figura cultural de primeira orde que sería, con xustiza, o orgulo de calquera país europeo. As súas achegas a diversas ponlas da nosa cultura son dun valor innegábel. Malia que, quizais, sexa responsábel por omisión de ter agachado Castelao no Museo de Pontevedra, a pesares de contar con tanta obra do noso Daniel.

A política do sentido común

A Grande Recesión mancou á sociedade cunha política galega, estatal e europea pensada nos intereses dunha pequena elite financeira, que crebou bastantes das conquistas do Estado do Benestar, amáis de prexudicar aos tecidos empresariais locais, ás clases medias e aos sectores traballadores.

A necesidade do emprendemento

É unha realidade doadamente constatábel, malia que quizais non xeralmente coñecida, que o emprendemento empresarial nunca tivo boa acollida no Estado español.
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.