Artigos de X.A. Pérez-Lema

Novas canles de participación política

Os partidos políticos son instrumentos fundamentais para a participación cidadá na política. Mais non son os únicos. A tradición das iniciativas cívicas ven de lonxe no noso país, Galicia. Velaí as Irmandades da Fala (1916), que nunca se constituiu específicamente en partido ou o movemento agrario dirixido por Antón Alonso Ríos, nos últimos anos ben próximo ao Partido Galeguista, mais nunca confundido con él. A primeiros deste século Nunca Maís, dende unha iniciativa cidadá fondamente política, mais apartidista, supuxo un antes e un despois para a conciencia política da miña xeración.

Foi unha cazaría

O grande traballo do reporteiro galego Xaquín López para TVE ven de demostrar que a morte do seareiro deportivista Jimmy, o pasado 30 de novembro, non ocorreu das resultas de ningunha liorta concertada, senón da actuación unilateral dos seareiros da fronte madrileña, que atacaron se provocación ningunha aos seareiros deprotivistas cando almorzaban preto do estadio colchoneiro, contra ás 8.30 da mañá daquel domingo negro.

De mareas e maiorías sociais (II)

Escrebíamos hai seis meses que estaban a xurdir na Galicia iniciativas cidadás municipalistas que querían artellar novos xeitos de lle dar canle á necesidade de arrombar os vellos xeitos e actitudes á hora de facermos a `política.

Xustiza, non vinganza

Dende o Código Penal Belloch do 1995, agravado por reformas varias do segundo mandato de Aznar, o sistema punitivo español é dos máis rigorosos e represivos da Europa toda, malia que o Estado español presente menores níveis medios de delictuosidade. Non é certa a lenda urbana que dí que os delincuentes entran por unha porta e saian por outra. O que vemos decote os xuristas é, pola contra, que as penas tenden a se cumprir íntegras (“a pulso”, na fala do cárcere) e os beneficios penitenciarios a se limitar substancialmente.

Corrupción endémica e recorrente

O auto de apertura do xuizo oral ( que determina que unha instrución penal xa pasa a xuizo e os acusados van sentar no banco) da primeira peza da Gurtel e máis os termos da acusación da Fiscalía Anticorrupción sentan no banco aos tres últimos tesoureiros do PP, para os que se piden severas penas e imputa ao proprio PP como responsábel civil, reclamándolle máis de 250.000 € só polo beneficio directo obtido nuns anos en só dous concellos de Madrid. Fican varias outras pezas separadas desta causa que seguerán a xulgar persoas chave do PP que presidiron Aznar e Rajoy, canda unha organización á que se lle entregou dende a sede popular de Génova a organización de milleiros de eventos na España do aznarismo. Velaí que ao caso Gurtel ben se lle poida chamar caso PP.

Non somos coma eles

Vaclav Havel, intelectual, líder do Foro Cívico e logo Presidente da República checa, acreditaba que os medios para loitar contra o totalitarismo checoslovaco non podían ser os mesmos empregados por éste. “Nós non somos coma eles”, afirmaba Havel. E de certo non podemos selo. Porque se os terríbeis crimes de Paris van server, como defenden o Front National e algúns sectores da dereita española, para limitar as liberdades, pechar as fronteiras, prohibir a inmigración e outorgar carta branca á demolición do sistema europeo de garantías democráticas é seguro que non resolvemos o problema e que eles gañan. Porque a agresión do yihadismo diríxese nomeadamente contra a liberdade de expresión e contra a convivencia plural democrática.

Abanca e o galego

Algunhas persoas observarían este Nadal que a sinaléctica temporal das oficinas e máis a publicidade exterior da campaña de Nadal ían en castelán. E fonets oficiosas informan que tense decidido moi alto relegar o galego a un uso testemuñal.

Podemos e o noso benestar

Partillo con Podemos en que non existe, na nosa Galicia, un problema social máis grave ca garantirlle vivenda digna aos despexados ou subministración eléctrica abonda á cidadanía que evite a pobreza enerxética. Sen dúbida son os problemas da exclusión social os prioritarios. Mais…
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.