Artigos de X.A. Pérez-Lema

Extraños en Madrid

O Madrid da postmovida era aberto, acolledor e liberal. Chamarse Roser, Koldo ou Xoán era un plus para gañardes a curiosidade amábel da contorna. Cando no teléfono do pasillo dun colexio maior falabas en galego, euskera ou catalán coa túa familia ou con amigos da terra, os teus compañeiros da Castela ou Extremadura ollaban con complicidade e simpatía. Gostaban as letras en galego de Antón Reixa cos Resentidos e as de Serrat en catalán e o cinema e as equipas futbolísticas vascas. Políticos nacionalistas como Pujol, Roca, Garaikoetxea, Mariñas, Bandrés ou C.Nogueira eran respectados e escoitados.

Galicia e a España única

O prestixioso constitucionalista galego, profesor Blanco Valdés, ven de se laiar da suposta “desaparición do Estado” en Cataluña e Euskadi e dunha excesiva influencia destes dous países na política xeral do Estado. Contrasta a súa opinión coa do non menos prestixioso constitucionalista galego-docente na mesma USC- profesor Pereira Menaut para quen o Estado alicérzase nunha recentralización que atenta contra a plurinacionalidade española e xera unha ineficiente concentración de recursos económicos e políticos en Madrid condenando á irrelevancia aos territorios alleos ao eixo Madrid-Andalucia-Valencia-Murcia e ás culturas distintas da cultura madrileño-andaluza como cultura de exportación española. Non entendo moi ben o da presenza ou desaparición do Estado nos territorios. É preciso, para que o Estado estea presente, que programemos nas nosas festas touradas ou outras manifestacións culturais madrileño-andaluzas? Compre, para termos presente ao Estado, recentralizar as políticas de execución para xerar máis ineficiencia? Son precisas máis políticas de Estado prexudiciais para o País, como a desprotección do sector naval, a penalización da nosa enerxía ou a persecución fiscal dos nosos emigrantes retornados? O Estado actual sofre dunha chea de disfuncións, nomeadamente xeradas por desenvolver na dimensión errada políticas que haberían ser europeas (defensa, diplomacia, coordinación fiscal e bancaria) ou galegas (réxime local, promoción empresarial, portos, aeroportos e demáis infraestruturas…). E xa non resposta ás necesidades dunha gobernanza moderna e non centralizada. Para alén diso, o Estado está concibido para unha España única e o traxe reventa coas realidades nacionais galega, catalá e vasca. Probábelmente, unha gobernanza en rede, confederal nas cuestións de lingua,cultura, educación, Dereito Civil e réxime local e que recoñécese o dereito a decidir dentro de determinados requisitos e procedementos, podería resolver a convivencia plurinacional española. Mais ninguén quere falar en Madrid disto. A cidadanía galega non gaña nada na defensa da España única. A recentralización prioriza outros territorios,outras empresas e outras xentes. Desexemos, pois, que os nosos líderes, principiando polos líderes de opinión, sexan quen a ver esta realidade.

A confesionalidade laica

‘É inimaxinábel unha Galicia sen a Invención apostólica ou o Camiño de Santiago, do mesmo xeito ca Roma sen a Sede de Pedro. Inglaterra e Escocia levan en cadansús bandeiras as cruces de San Xurxo e Santo André, como nosoutros levamos no noso escudo o Sacramento de Lugo.

O afogo do audiovisual galego (II)

Outravolta a entrega dos premios “Mestre Mateo” do sector audiovisual galego pon baixo o foco a deconstrución inmisericorde nun sector que achegaba (canda o resto das industrias culturais) antes da Gran Depresión máis do 3% do PIB galego (6% na Europa).

O anticatalanismo primario

Sectores importantes da sociedade española, nomeadamente da madrileña (longamente beneficiada en renda e infraestruturas polo chamado efecto-sede) manteñen a respecto da periferia española, das realidades nacionais catalá, galega e vasca, unha relación de polos opostos, unha dialéctica de amigos contra inimigos, onde é imposíbel cooperar para gañar ti e gañar eu. Percébese nidiamente coa negación ao chamado dereito a decidir dos cataláns e percebímola tamén a respecto de Euskadi. Algúns dirían que esa dialéctica non existe a respecto de Galicia. Mais velaí temos feitos como a prohibición da construción naval civil até 2015, a desatención das nosas vocacións produtivas fronte ás mediterráneas, castelás e andaluzas dende 1985 ou mesmo a oposición, tinxida ás veces de falso paternalismo, a consolidarmos Nova Galicia Banco como oferta bancaria de noso ou a defendermos sectores empresariais galegos emerxentes, como o das enerxías renovábeis.

Violencia na rúa

Os graves incidentes violentos das últimas semanas obrigan a unha seria diagnose da situación. Que pasa por recoñecer que o grao de violencia na rúa non respostou, ate de agora, á gravísima situación social,económica e institucional e á tensión social que vive a maioría da poboación.

Adolfo Suárez

Dicirmos Adolfo Suárez é dicirmos transición política española. Xa que logo, os que por razóns xeracionais non vivimos conscientemente aquel proceso quizais poidamos xulgalo máis obxectivamente ca os seus protagonistas e coetáneos.

Madrid e a España cañí

Concordo coa avaliación do profesor Pereira Menaut, constitucionalista da USC, considerando fracasado o proxecto de recentralización desenvolvido ao longo de máis de vinte anos de felipismo e aznarato. Un proxecto que imaxinou un inmenso “hub”aéreo (lembran o billón de pesetas,con b de burro investidos na T-4?) en Madrid, centro dun sistema radial de estradas e alta velocidade, mentres os eixos ferroviario atlántico e cantábrico, fulcrais para os obxectivos galegos foron aparcados ou ralentizada a aínda non rematada Transcantábrica.
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.