Artigos de X.A. Pérez-Lema

O estado non é neutral

Unha parte hexemónicamente maioritaria dos nosos xuices e maxistrados (fóra Tribunais Supremo e Constitucional e Audiencia Nacional) traballan a eito e tentan facer xustiza con imparcialidade e obxectividade. A inmensa maioría dos nosos policías e servidores públicos entréganse ao seu traballo con profesionalidade e espirito de servizo cidadán. E, porén, miñas donas e meus señores, o Estado non é neutral. Os Poderes Públicos tenden satisfacer preferentemente os intereses das grandes corporacións e das elites, no canto das pemes, clases medias, traballadores e excluídos sociais.

O soldo dos empregados públicos

Os servidores públicos suxeitos ao Dereito Laboral están tan expostos aos despedimentos colectivos ou á amortización dos seus postos de traballo como calquera empregado do sector privado.

Suprimirmos as provincias

A división galega en catro provincias é un invento de 1833. Foi Javier de Burgos quen resolveu dividir o Reino de Galicia, provincia única até entón, en catro cachos, o mesmo que fixeron coa túnica de Cristo, en acertadas verbas de Murguía. O enxendro rematou coa Deputación única de Galicia, continuadora despois da Constitución de Cádiz de 1812 da Xunta do Reino, como nos deprendeu o profesor González Mariñas.

Os abusos da banca

Nos últimos días os tres xigantes da banca española (BBVA, Santander e Caixa Bank) coincidiron en desacreditar a opción do Fondo Gugengheim para a adquisición de Nova Galicia Banco polo seu suposto carácter especulativo, cando o certo é que constitúe a única oferta viábel para salvar o emprego, a marca e unha oferta propia de servizos financeiros que limite os terríbeis efectos do oligopolio bancario. De todos os xeitos, resulta chocante esa crítica cando os propios BBVA e Santander son propiedade na súa maioría de Fondos e investidores internacionais.

Divorcio entre sociedade e Parlamento

O recente debate sobre o estado da Nación reflectiu un fondo divorcio entre o contido dos debates no Parlamento e as angueiras da cidadanía.

A quen beneficia a recentralización?

Ninguén pode xa dubidar da axenda recentralizadora do PP. Velaí a reforma local, que fanará a autonomía local e potenciará as Deputacións, a aprobación da Lei educativa-LOMCE-, coa imposición do castelán como lingua vehicular e as súas reválidas de Estado que descoñecen as competencias educativas de Galicia ou o estéril tentamento de blindaxe das touradas ao consideralas patrimonio cultural inmaterial. Pasando pola imposición ás Comunidades Autónomas do copago das menciñas, descoñecendo a autonomía de cadanseu servizo sanitario ou da proposta Sainz de Santamaría de supresión de controis externos como o do Valedor do Pobo ou do Consello de Contas.

Nin crédito nin creto

A peme galega afoga por por falla de crédito. A banca española inviste os cartos baratos que obtén do Banco Central Europeo na ben pagada débeda pública e, suxeita á cobetura do 9% entre recursos propios e alleos, non presta.

Os emigrantes galegos pagan a crise

Cae o mito de que Galicia vive da solidariedade estatal. O aforro galego pagou o saneamento bancario a medio da quita das preferentes e subordinadas, das comisións abusivas e das cláusulas adoito.
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.