Artigos de X.A. Pérez-Lema

Dos delictos e das penas

Catro cidadáns galegos veñen de ser condenados pola chamada “Audiencia Nacional” a moi aflitivas penas de cárcere por condutas que, sen dúbida ningunha, son graves e merecentes de sanción penal. A posesión de explosivos nunca é desculpábel. Non existe violencia de baixa intensidade.

O tsunami catalán

O erro de Rajoy e das elites políticas e mediáticas madrileñas é crer que o potente movemento soberanista catalán é dirixido dende a Generalitat, CDC ou ERC. E non é certo.Trátase dun movemento que nace da base e vai moito máis aló do nacionalismo ou do catalanismo histórico, para acadar transversalmente toda a sociedade civil de Catalunya,con nomeada forza entre castelánfalantes e cataláns de segunda xeración e, en xeral, entre os sectores sociais que até hai anos votaban PSC ou non partillaban nas autonómicas. Velaí a extrema dificultade de que Artur Mas poida frear ou adiar indefinidamente o proceso de expresión da decisión catalá, porque éste pode levar por diante partidos e políticos e de feito vaino facer.

A trampa olímpica

Despois de máis de tres anos de continuos recurtes sociais, o prantexamento da candidatura Madrid 2020 amosaba unha suposta contención nos investimentos, mais agachando que cumpría construir todas as infraestruturas condenadas ao futuro desuso, como a Vila Olímpica.

Defendermos a liberdade

A democracia alicérzase principalmente no principio de legalidade, na inclusión e cohesión social e nun réxime de liberdades plenamente garantidas. A democracia baséase no goberno da maioría, mais garantindo o respecto e integración no xogo político e social das minorías. A democracia esixe dun réxime xudicial garantista, onde ninguén é culpábel até non ser condenado en sentenza firme por un tribunal independente e no desfrute do seu pleno dereito de defensa.

NCG e a exclusión financieira

“The Economist” ven de nos advertir da intensidade do proceso de concentración financeira na Europa periférica. Dende finais do 2009 as 53 bancos e caixas españolas ficaron reducidas a 12 entidades e Italia enfronta un proceso semellante. Os pequenos e medianos sofren graves problemas de capitalización a respecto do BBVA e Santander que, ao tempo, medran en depósitos repregándose do negocio minorista e, xa que logo, restrinxindo aínda máis o crédito ás pequenas e medianas empresas.

Quo vadis, Galicia?

Enchoupados nesta Grande Recesión e enleados na gravísima crise institucional do Estado, ao noso País non lle queda moito tempo para enfrontar os reptos fundamentais do seu futuro, que poden ser as únicas oportunidades reais de atoparmos un lugar na especialización internacional do traballo e abrir unha vía a uin crecemento equilibrado e sostíbel. Reptos todos eles onde a dependencia política e social de Galicia a respecto do Estado amosouse inconveniente ao longo dos nosos máis de trinta anos de limitada autonomía política.

Precisamos dunha nova política

A recesión económica e a corrupción sistémica descobriron a gravísima crise institucional que estamos a vivir, que abrangue tanto ao bipartidismo dinástico como as principais Institucións (Consello do Poder Xudicial, Tribunais Supremo, Constitucional e de Contas) xurdidas do pacto constitucional do 1978.

A corresponsabilidade do accidente

É cedo de máis para calquera conclusión definitiva a respecto do complexo causal que xerou a catástrofe da curva d’A Grandeira. Mais as decisións adoptadas nos últimos días por ADIF e RENFE e as caixas negras son ben elocuentes.
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.