Crea máis de 300 novos empregos directos, cos que o seu persoal rozou os 8.000 traballadores en 2020.
  comenta   0
O modelo "plurilingüe", arrincado co polémico decreto de 2010, foi criticado por asociacións e docentes que viron nel un recurso para reducir a importancia do galego na educación.
  comenta   0
Hai unhas semanas alguén enviou a un dos grupos de whatsapp o enlace a un vídeo. Tardei algún tempo en velo, e de certo que o vin de casualidade, habituado como estou a borrar de forma rutinaria a inmensa maioría de memes e chirigotadas que se difunden por eses canais.
  comenta   0
Cre "positivo" que a máscara se siga usando nalgunhas profesións e é partidario de implantar a transparente en colexios se "é factible" "Non tería sentido manter os persoais de reforzo. Se a demanda se reduce, habería que orientalas a outras necesidades", sinala
  comenta   0
Trátase de potenciar a recuperación de contidos e competencias do alumnado afectado, as vocacións 'STEM' ou a formación profesional, entre outras.
  comenta   0
O turismo sustentable, a experimentación virtual e a alfabetización dixital son os eidos nos que actúan os tres novos proxectos de investigación que Ciencias da Educación executará ao abeiro do Programa Erasmus+.
  comenta   0
O conselleiro de Educación sostén que a actual é a "xeración mellor formada en galego da historia", pero evita falar da progresiva perda de persoas que teñen o galego como primeira lingua.
  comenta   5
Alicia Tojeiro foi elixida profesora do ano no 'Premio Educa Abanca'. Fomenta a intelixencia emocional e a motivación dos seus alumnos fronte a prácticas tradicionais e repetitivas.
  comenta   0
O Goberno prevé que se celebren en datas habituais --antes do 18 de xuño-- e non contempla alternativas telemáticas.
  comenta   0
Eis a experiencia de cinco persoas que decidiron mudar o castelán polo galego, e algunhas fixérono mesmo como propósito de aninovo. Ás que veñen detrás, non dubidan en darlles azos: "Falar galego abre un mundo novo por explorar e desfrutar, e sempre trae moitas sorpresas!".
  comenta   1
A iniciativa, que busca fomentar o interese do alumnado de secundaria pola Historia, foi proposta pola Facultade de Historia do campus de Ourense.
  comenta   0
Xosé Luís Axeitos actualiza a figura do gran poeta do mar galego con "Aproximacións a Manoel Antonio".
  comenta   0
Recoñece que o risco cero "non existe" pero defende que os beneficios da presencialidade "superan aos eventuais riscos" da volta ás escolas.
  comenta   0
Non recomenda polo xeral o uso de máscaras entre os nenos de 6 e 11 anos, pero si pide que se lles tome en consideración en zonas cunha "transmisión intensa de virus".
  comenta   0
Anuncia a contratación de 1.000 docentes novos. Un comité de expertos en saúde mental asesorá aos centros sobre a saúde socioemocional dos menores
  comenta   0
Tamén instan a adoptar grupos máis reducidos e, en nenos pequenos, "'grupos burbulla', que terían que manterse en clase durante o recreto.
  comenta   0
Eu, que acredito no prodixio da intelixencia dos animais para relacionárense cos humanos, nunca pensei que un loro chegase ao punto de ter coñecemento sociolingüísticos.
  comenta   0
A Confederación de Anpas Galegas esixe novamente un protocolo de regreso ás aulas que non dá chegado á par que afea á Consellería de Educación o "abandono" dos alumnos con necesidades especiais: "moitos perderon todo o que tiñan progresado".
  comenta   0
Baixo o cancelo #Querémolo, un grupo de xente que estuda galego en Cataluña xunto co seu profesor, Carlos Vieito, comeza esta iniciativa a través de @Instaengalego.
  comenta   0
Nos últimos tempos están proliferando as escolas de natureza. “Flúen polo espazo. Facemos roteiros polo monte e actividades na leira, xogan no barro, ou organizan calquera xogo. Do xogo libre na natureza sae moitísima aprendizaxe sen que teñas que poñer nada", apunta Noa Fernández, de Foresta.