Alfredo López, científico da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA), pide aos navegantes que alerten de avistamentos ou interaccións con candorcas a través da páxina web de Orca Ibérica.
  comenta   0
"Tamén os navegantes poden informar da súa localización", dixo en relación ás orcas o conselleiro, quen asegurou que a citada aplicación está a funcionar "moi ben".
  comenta   0
Tres candorcas "xogan" cun veleiro ao noroeste da illa de Sálvora no primeiro enfrontamento destes animais este verán.
  comenta   0
Tres veleiros tiveron que ser asistidos cando navegaban a seis millas ao nordés de Malpica.
  comenta   0
Un veleiro francés foi sufriu hoxe unha rotura no temón tras unha arremetida a 1,5 millas ao oeste da illa de Sálvora. O anterior ocorreu preto da Guarda.
  comenta   0
O último destes casos rexistrouse este mércores, ás 00,30 horas, a 6 millas de Camariñas, con danos materiais de diversa consideración, sobre todo no temón das embarcacións, e a alarma entre os tripulantes.
  comenta   0
Até agora rexistráronse 27 interaccións destes grandes cetáceos con embarcacións na costa española e portuguesa –17 en Galicia (a última, este martes)–, nuns eventos que os expertos cualifican como “insólitos” pola súa concentración espazo-temporal. O Ministerio anuncia restricións temporais á navegación para veleiros de menos de 15 metros de eslora na "zona máis crítica". Biólogos mariños piden calma aos navegantes e evitar o sensacionalismo mediático. Unha nova achega científica do galego Gonzalo Mucientes documenta por primeira vez no Atlántico Norte o ataque de dúas candorcas a unha quenlla atrapada por un palangreiro, algo tamén inédito.
  comenta   0