Destacou nun dos seus informes que a pandemia "relanzou" o foro, cun total de 19 reunións extraordinarias por este motivo, aínda que detectou puntos susceptibles de mellora, relacionados coa falta de formalización e documentación das reunións.
  comenta   0
A formación popular lanza unha batería de propostas ao Estado dende Santiago. Madrid responde sinalando que xa cumpriron as rebaixas fiscais prometidas.
  comenta   0
Na súa primeira sesión de control como líder do PP, Feijóo repele poñer data concreta á súa saída e volve cargar contra a política tributaria de Sánchez.
  comenta   2
Sinala que o seu proxecto "non é pensar en Vox" á hora de formar Gobernos, pero si "buscar pactos con outras forzas políticas, pactar coa xente".
  comenta   0
Alfonso Rueda pide que se concreten as medidas e cuestiona ao Goberno por tardar 11 días en dar unha solución aos transportistas.
  comenta   0
Puy critica que o Goberno continúe "ausente" e urxe medidas "inmediatas" fronte á alza do combustible. O PSdeG sostén que o Executivo estatal actúa para dar unha resposta "seria, sosegada, coherente".
  comenta   0
O presidente da Xunta de Galicia insta a Sánchez a facer efectiva a rebaixa fiscal "hoxe mesmo". Inés Rey acúsao de empregar a guerra para facer campaña: "non todo vale en política". O PPdeG espera a asistencia de 1.000 afiliados ao encontro con Feijóo o mércores 16 en Santiago.
  comenta   0
Propón manter a redución tributaria para facer fronte á explosión de prezos derivada da contenda ucraína.
  comenta   0
Reprocha ao Goberno que "priorice" falar do CGPJ cando hai "unha guerra ás portas de Europa": "Crin que tiñamos un problema máis grande que ese".
  comenta   0
Feijóo pedirá na Conferencia de Presidentes a aprobación dun plan estatal para coordinar as axudas. A Xunta prevé aumentar o orzamento do bono social eléctrico se é necesario.
  comenta   0
"Non hai que elixir entre Galicia e o PP", sinalou o presidente da Xunta este mércores. Fontes consultadas por GC non descartan que tente quedar en Galicia e liderar ao mesmo tempo o PP en Madrid. "Tería eco mediatico e seguiría controlando os medios", apuntan.
  comenta   1
O Executivo esgrime que catro das seis primeiras comunidades que recibiron máis fondos están gobernadas polo PP, o que reflicte que non houbo discrecionalidade nin rumbo político á hora da repartición.
  comenta   0
Será de forma telemática. Sitúa en febreiro a reunión presencial que se celebrará na Palma cos presidentes autonómicos
  comenta   0
Incide en que as características da Ómicron, máis explosiva pero con menos hospitalizacións, xustifica abrir unha reflexión en España.
  comenta   1
Os mandatarios de Cataluña e País Vasco pretenden forzar ao presidente do Goberno central a establecer medidas a nivel estatal para controlar este aumento explosivo de casos. Feijóo expón debater sobre os cotillóns de Noitevella e que as cabalgatas de Reis sexan estáticas.
  comenta   1
Apunta que, no caso de desenvolver algún límite, estes deberían vir do Goberno central, ao que critica pola data da Conferencia de Presidentes.
  comenta   0
A Xunta incide na importancia do certificado covid e a máscara e pon un posible final a esta última: o mes de febreiro.
  comenta   0
Terá lugar o vindeiro mércores co obxectivo de reforzar a cogobernanza ante o avance da Covid. Abordará as "medidas compartidas" para facer fronte ao virus.
  comenta   0
Permitirá que se reúnan a petición das propias CCAA pero sempre que sumen 10 mandatarios. Actualmente só as pode convocar o xefe do Executivo.
  comenta   2