O eurodiputado Nicolás González Casares denunciou á Xunta ante a Comisión europea pola súa deixadez ante a xestión da Rede Natura. Ecoloxistas en Acción, pola súa parte, denuncia que a Xunta teña a intención de outorgar explotacións mineiras sen avaliar.
  comenta   0
O Estado apela á calma e di que o barco non notificou ao Organismo Internacional de Enerxía Atómica "ningún tipo de incidente nuclear".
  comenta   0
Adega e Pladever aseguran que a Xunta tardou 15 meses para extinguir unha concesión xa rematada. Cando á fin respostou, xa pasaran 10 días do prazo administrativo.
  comenta   0
Co lema "A Limia non atura máis xurros" asociacións ecoloxistas deron voz ao problema da contaminación nesta comarca. Defenden que Coren debe reducir a carga gandeira e que a Xunta debe declarar zonas vulnerables por nitritos.
  comenta   0
Considera que a declaración ambiental de 2005 resulta "obsoleta" para amparar o proxecto de 2018 ante a especial protección da zona
ADEGA e a Plataforma pola Defensa da Ría de Arousa advirten de que este proxecto só supón "mover a contaminación de sitio" e piden un proxecto definitivo para o tratamento dos efluentes mineiros.
  comenta   0
Ecoloxistas denuncian que o confinamento "acelerou" a compra online neste portal, ao que acusan de apoiarse no "consumo compulsivo".
  comenta   0
A empresa cárnica pídelle un millón de euros por denunciar a contaminación xerada na Limia pola sobreexplotación gandeira. Greenpeace denuncia as prácticas abusivas de Coren e lembra que a carga gandeira da comarca creceu un 114%, mentres que a poboación diminuíu un 19%.
  comenta   0
Amig@s das Árbores denuncia o "total desleixo" por parte da Xunta en rexenerar as zonas que arderon na vaga de lumes de setembro, especialmente, aquelas afectadas en espazos naturais. Medio Rural comezou os traballos de rexeneración o pasado 11 de novembro e só nun concello.
  comenta   0
Asociacións esixen deter a ampliación dunha estrada que podería levar por diante "restos arqueolóxicos" e patrimonio natural. A Deputación destaca que o conxunto non se verá afectado "nin un centímetro cadrado".
  comenta   0
Leiras da contorna e o propio Xallas estarían a recibir, “con toda probalidade”, metais pesados. Ecoloxistas aseguran que a empresa non conta cunha declaración de impacto ambiental para reabrir o complexo.
  comenta   0
Este modelo de co-combustión podería implantarse "de forma indefinida". Ecoloxistas critican ós "3 partidos do Parlamento" por impulsar a continuidade das Pontes.
  comenta   1
A explotación de Varilongo, rica en Wolframio, estaría a verquer "metais pesados" sobre un afluente do Xallas, segundo Petón do Lobo.
  comenta   1
Curiosamente, moitas destas zonas foron duramente castigadas nos incendios deste ano. A obra atravesaría parte de territorio da Rede Natura 2000 e unha das mellores representacións do glaciarismo pleistoceno do noroeste peninsular.
  comenta   0
Denuncia ante Xunta e Goberno a contaminación do río Eume e pide que se determine a orixe da contaminación que sofren as augas.
  comenta   0
Ecoloxistas denuncian que Atalaya Mining segue insistindo en reactivar a mina ignorando unha Declaración de Impacto Ambiental negativa.
  comenta   3
As imaxes volven repetirse ano tras ano sen que as administracións actúen para evitar a erosión dos leitos.
  comenta   1
Montescola vén de lanzar unha petición para que a eurocámara obrigue á empresa a realizar un informe do impacto ambiental, un trámite que a sociedade se tería negado a desenvolver.
  comenta   1
O plano da explotación foi fragmentado "artificiosamente" para non ter que desenvolver unha avaliación de impacto ambiental, segundo denuncian Ecoloxistas en Acción e Contraminacción. O proxecto afectaría a 5 concellos de Ourense e Pontevedra.
  comenta   1
Adega denuncia que hai imaxes que certifican que se actuou de xeito premeditado. A Xunta solicita por carta a Ábalos e Ribera medidas que eviten danos ambientais no río Sil e Ciudadanos que se depuren responsabilidades.
  comenta   0
A Xunta pide explicacións. O PSdeG pide a retirada "inmediata" dos vagóns. O BNG pide ao Goberno que analice o ocorrido e demanda pór os feitos en coñecemento da Fiscalía. A entidade ecoloxista Amigos da Terra pídelle á Xunta que "quen contamine, pague".
  comenta   2
A Dirección Xeral de Minas emitiu un informe no que se tería falseado a catalogación da estrutura para aforrarlle á empresa concesionaria a limpeza da zona, segundo denuncian varias asociacións ecoloxistas.
  comenta   0
Ecoloxistas en Acción denuncia que a confederación hidrográfica Miño-Sil non fai probas en busca de glifosato, un pesticida presente nas augas galegas e que podería ser canceríxeno.
  comenta   0
A coalición Recortes Cero, Espazo Común, Os Verdes e Municipalistas aposta pola “redistribución da riqueza” e defende un plan industrial financiado polos bancos rescatados, blindar por lei a sanidade e poñer un tope de 10.000€ a todos os soldos, entre outras medidas para que a crise da covid "non a paguemos os de sempre".
  comenta   4
A polarización ideolóxica é o peor que pode sucederlle a España, eu non quero esas actitudes na miña cidade, O Porriño, como non as quero en Galiza, nin en España.
  comenta   0
A Plataforma Galicia sen Carbón e a Federación Ecoloxista Galega (FEG) pide a potenciación da enerxía renovable.
  comenta   0