As altas temperaturas destas semanas fixeron que se adiantase a recollida da uva respecto doutros anos. Adegas da D.O. Valdeorras como María Teresa Fidalgo ou Bodega Sampayolo vendimaron este domingo 20 uvas da variedade godello.
  comenta   0
Así comezou a XXIV Feira do Viño de Valdeorras na praza barquense de Viloira, acto que contou coa presenza do Presidente da Xunta, Alfonso Rueda, entre outras autoridades. Na súa intervención, o Presidente da D.O. sinalou que o ámbito vitivinícola "goza de boa saúde" e "encara o relevo xeracional" con iniciativas e apoio das administracións.
  comenta   0
“Estamos expectantes por coñecer o que ten que dicir sobre o godello e sobre o resto de variedades da nosa denominación de orixe", comenta o presidente do Consello Regulador, José Ramón Rodríguez.
  comenta   0
Seis foron distinguidas cun 'Baco de Ouro', tres cun 'Baco de Prata', e co Gran Baco de Ouro foi recoñecido A Coroa Godello, da Adega A Coroa.
  comenta   0
Celebraron o primeiro pleno o pasado 28 de marzo expoñendo os eixos vertebradores do seu mandato: máis promoción e busca de novos mercados, aposta pola calidade e o control da orixe e apoio permanente ao sector vitivinícola.
  comenta   0
15 adegas da comarca enviaron mostras dos seus viños para que poidan ser degustados en Prowein, feira internacional de viños e bebidas espirituosas que se está a celebrar en Düsseldorf do 19 ao 21 de marzo.
  comenta   0
Déronse a coñecer nunha degustación organizada baixo o paraugas da marca “Experiencia Verema”.
  comenta   0