Este ano 2023 foi especialmente negativo para os nosos cetáceos, con 669 varamentos rexistrados, cando "a media de varamentos entre os anos 90 e o 2022 era de aproximadamente uns 280 exemplares", afirma Alfredo López, biólogo do CEMMA, a Galicia Confidencial.
  comenta   0
Activan unha campaña en Change.org para tentar salvar a este arroás, moi coñecido na ría de Muros-Noia, e que foi ferido cun arpón.
  comenta   0
As análises confirmaron que os golfiños tiñan bo estado de saúde e, de feito, non volveron a ser avistados, polo que se dá por feito que se reintegraron ao seu hábitat.
  comenta   0
Cada vez máis navegantes e traballadores do mar reportan encontros co animal, "moi cariñoso". "Sae do porto con uns, volve con outros... vai con quen sexa".
  comenta   0
Varios golfiños foron avistados este domingo desde a praia de Lagos, en Bueu. Os seus espectaculares saltos foron captados polo fotoxornalista colaborador de GC Miguel Núñez.
Un novo estudo do BDRI alerta do nivel preocupante de vulnerabilidade destes cetáceos ante as capturas accidentais.
  comenta   0
As migracións rápidas de arroaces desde o sur de Galicia á Mariña asombran aos científicos tras unha investigación realizada por Cemma.
Biólogos do BDRI inician un proxecto de investigación para aumentar o coñecemento sobre os golfiños mulares e colaborar na supervivencia da pesca artesanal.
  comenta   0
Científicos publican agora os resultados dun estudo que pon de manifesto que a presenza de microplásticos afecta xa a todos os niveis da cadea trófica mariña. Estas análises xa foran adiantadas en exclusiva por Galicia Confidencial hai ano e medio, coa primeira achega destes resultados por parte dos investigadores.
  comenta   0
A Cemma constata que en case todas as atencións a varamentos se atopou sobre os cadáveres dos golfiños algún individuo de avespa asiática.
  comenta   1
Unha cría de golfiño apareceu na tarde deste martes na praia de Mórdomo, no municipio coruñés de Laxe, ante a "sorpresa" dos bañistas. Algunhas persoas que se atopaban no lugar e membros de Protección Civil tentaron devolver ao animal ao auga "moitas veces" sen éxito, xa que "sempre volve" a terra.
  comenta   0
Científicos do BDRI documentan por primeira vez en augas de Galicia un dos festíns máis espectaculares dos mares, a coñecida como "migración do bolo".
  comenta   0
O exemplar atopado en Corrubedo o pasado 9 de xuño é o rexistro 3.000 da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños desde que atende os varamentos de Delphinus delphis nas nosas costas. A poboación de golfiño común en Galicia estímase en arredor de entre 7.4000 e 9.500 exemplares.
  comenta   0
A maior parte dos animais morre por capturas accidentais de diferentes artes de pesca. A CEMMA critica que non existan protocolos claros de coordinación con Xunta e concellos para recoller os cetáceos mortos e facer investigacións máis rigorosas.
  comenta   0
O BDRI grava ducias de exemplares de Delphinus delphis alimentándose en augas arousás. Vídeo no interior.
  comenta   1
Os científicos do Bottlenose Dolphin Research Institute cualifican de "extremadamente raro" este caso. Tamén avistaron, entre outras especies, un exemplar de Dermochelys coriacea, a tartaruga máis grande do planeta. Vídeo e fotografía do BDRI.
  comenta   0
Os científicos observaron unha tendencia positiva no número de Delphinus delphis, cun aumento anual por ano da poboación de case o 10 por cento.
  comenta   0
Os integrantes dunha familia non o pensaron dúas veces e tiráronse á auga dende o seu barco para socorrer o cetáceo na praia da Miranda, salvado seguindo as instrucións da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños-CEMMA.
  comenta   0
O director do Bottlenose Dolphin Research Institute, no Grove, é o responsable dun estudo internacional realizado no Golfo Pérsico sobre esta especie, en perigo de extinción. Os científicos calculan que a poboación atopada na costa de Abu Dhabi é duns 701 exemplares, a maior documentada en todo o planeta.
  comenta   0
Investigadores do Instituto Español de Oceanografía e da CEMMA extraeron 411 microplásticos de 35 exemplares examinados.
  comenta   0
Un novo estudo de científicos do Bottlenose Dolphin Research Institute (BDRI) e da Université Bordeaux confirma que as zonas de produción de mexillóns en Galicia son frecuentemente visitadas por estes golfiños.
  comenta   1
O cetáceo varou no areal carballés e foi atendido primeiro por Protección Civil e logo por un equipo de CEMMA.
  comenta   0