Di que o Supremo "expón na sentenza unha visión moi restritiva da protección do dominio público marítimo terrestre".
  comenta   0
Cando Alfonso Rueda -poucas horas antes de que o Tribunal Supremo ditase sentenza sobre diversos recursos presentados a respecto da presenza de ENCE na ría de Pontevedra- afirmou que estabamos ante " algo mais que unha empresa" non solemnizaba a evidencia da condición singular dunha entidade que posúe unha longa historia conflitiva senón que estaba asumindo a dirección pública do conglomerado de empresarios e colectivos defensores da continuidade de ENCE na súa ubicación actual e, xa que logo, manifestando unha explícita belixerancia contra os sectores que veñen cuestionando a pertinencia de semellante localización industrial.
  comenta   0
"Sen o voluntariado, sen as xentes do mar, sen Nunca Máis, non sabemos o que tería acontecido. É xusto que non o esquezamos
  comenta   0
Greenpeace lembrou que en España "máis da metade da poboación" vive en cidades que son responsables dun 70% das emisións. Ademais, presentou o documental 'REinventando Pontevedra'.
  comenta   0
Un informe de Greenpeace di que o Concello da Coruña subvencionou con 10 millóns "vos non rendibles", o mesmo que os de Vigo e Santiago xunto coas deputacións de Pontevedra e A Coruña.
  comenta   0
Colectivos ecoloxistas e ciclistas mobilízanse para que a empresa pública reste dificultades ao transporte destes vehículos nos seus trens.
  comenta   0
Galicia é a segunda CCAA que máis contribúe á crise climática polas emisións destas granxas, segundo Greenpeace.
  comenta   0
Varias plataformas, entre elas Adega e Ecoloxistas en Acción, veñen de pedir a un xulgado que faga efectiva unha sentencia para devolver ata 2.800 millóns de euros cobrados de máis polas eléctricas.
  comenta   0
ENCE vive xa o tempo de desconto. A chamada “Audiencia Nacional” (AN) estimou o recurso do Concello pontevedrés e de Greenpeace (o da Asociación pola Defensa da Ría vaise resolver axiña) e anulou a prórroga até 2073 que lle outorgara en xaneiro de 2016 o Goberno Rajoy cando estaba en funcións. Das resultas desta sentenza ENCE ocupa terreos de dominio público sen concesión válida dende 2018 e ten que marchar da ría de Pontevedra.
  comenta   0
O ex-presidente do Goberno, tamén presente do congreso do PP, evitou pronunciarse sobre a nova. Pablo Casado e Alfonso Rueda apoiaron a Feijóo na súa acusación, que tamén abrangueu o BNG.
  comenta   3
Gonzalo Caballero responsabiliza ao PP da situación da planta e pon como deberes á Xunta a procura dun espazo para trasladala. Gómez-Reino chama a sanear a ría para que esta volva ser "produtiva".
  comenta   8
O PSOE tamén celebra o fallo da Audiencia Nacional mentres o PP laméntaa porque "500 familias ven como o seu futuro se ensombrece".
  comenta   4
Greenpeace e Concello de Pontevedra presentaron senllos recursos. Considérase que a resolución de 20 de xaneiro de 2016 da directora xeral de Sustentabilidade da Costa e do Mar, por delegación da ministra, non xustifica, como esixe a Lei de Costas, que a papeleira, pola súa natureza, non poida ter outra localización.
  comenta   0
Greenpeace e o colectivo ecofeminista "Mulleres bicivisíbeis" organizan saídas gratuítas para contribuír a paliar a desigualdade de xénero que existe tamén na mobilidade.
O solo galego podería albergar varios materiais considerados claves pola UE. Os grupos empresariais enfróntanse co movemento ecoloxista nun conflicto sobre o que planea o risco da "sobreexplotación".
  comenta   0
A Coordinadora Galega por un Reparto Xusto dos Fondos Europeos rexeita a constitución da Sociedade para o Desenvolvemento de Proxectos Estratéxicos de Galicia.
  comenta   0
Os traballadores conmemorarán este mércores o ocorrido hai 33 anos co afundimento do Casón e o traslado da súa carga perigosa á planta de Cervo.
  comenta   0
A empresa cárnica pídelle un millón de euros por denunciar a contaminación xerada na Limia pola sobreexplotación gandeira. Greenpeace denuncia as prácticas abusivas de Coren e lembra que a carga gandeira da comarca creceu un 114%, mentres que a poboación diminuíu un 19%.
  comenta   0
Activistas de Greenpeace acudiron á Praia de Rodas para alertar sobre a suba do nivel do mar e para pedir que as galegas voten "con sentidiño" e coa mente posta nos problemas ambientais.
"Estamos dando pasos cara atrás", lamentan as asociacións ecoloxistas. No medio da crise, a industria presiona para retrasar a normativa europea de plásticos dun só uso; moitas plantas de reciclaxe deixan de seleccionar os residuos; e a cidadanía, baixo unha sensación de falsa seguridade, regresa á cultura do 'usar e tirar'. Seguímonos "comendo o planeta".
  comenta   2
Ecoloxistas piden medidas a curto e medio prazo para evitar un "efecto rebote" tras ratificarse o tráfico como o principal contaminante.
  comenta   0
A Deputación de Pontevedra apaga este sábado a iluminación dos seus edificios para sumarse ás iniciativas da rede española de cidades polo clima.
  comenta   0
Máis de 50 asociacións e colectivos ecoloxistas alertan de que o cambio climático conduce a "consecuencias catastróficas".
  comenta   2