Os días 30 de novembro e 1 de decembro celebrouse en Santiago de Compostela o foro: O mundo en Pandemia, pola Fundación Círculo de Montevideo. Participaron persoas do relevo de Carlos Slim, dono do grupo de comunicación progresista Grupo Prisa, e do The New York Times.
  comenta   0
Todos os xornais tradicionais perden influencia territorial. De feito, La Voz comeza a ser xa residual en Ourense e Pontevedra, mentres que Faro de Vigo só se le na de Pontevedra. Os grandes xornais tamén seguen perdendo lectores no último trimestre deste ano. A televisión mantense, sendo Telecinco a máis seguida e, a radio, baixa, aínda que pouco, sendo a Cadena Ser a emisora líder en Galicia.
  comenta   2
O grupo PRISA é o medio de comunicación “progresista” de España. Desde el deféndese a visión denominada vulgarmente “socialista” ou “socialdemócrata”, e “á “española”. As persoas que se afirman “progues”, xa sexa por interese crematístico, estética, tradición, por convicción ou conveniencia, fórmanse na opinion que ese medio lanza e presenta día a día. Iso a través dos seus múltiples medios, como prensa, radio, editoriais, libros, etc. É a biblia do progresismo español, a verdade autentica para os seus seguidores. Máis, ¿quen son os donos deses medios tan “socialistas”?.
  comenta   0