Os feitos aconteceron no barrio de esteiro ás catro da mañá do domingo, polo que o bar tamén incumpriu a limitación de horarios.
  comenta   0
Defenden que a boa marcha dos exames de setembro non implica que o curso estea resolto: “pasaremos de 30 a 800 alumnos”. Direccións e docentes esixen máis persoal e unha mellora dos espazos: “non sei onde imos meter a todos os rapaces”.
  comenta   0
O sector da hostalaría denuncia “os ataques inxustificados da Xunta”. Consideran que se están vulnerando dereitos de licenza para determinados establecementos de “ocio nocturno”. O goberno galego di manter un diálogo constante co sector e buscar liñas de finaciamento.
  comenta   0
Representantes e propietarios de hostalaría nocturna cargan contra unhas medidas “arbitrarias” que buscan “satisfacer á opinión pública sen ter en contra criterios sanitarios”. "Pechar as discotecas levará o lecer nocturno ás festas privadas, onde non hai control nin máscaras”, din.
  comenta   0
Considera que as medidas de protección son "inaplicables" sen non hai un incremento de persoal. A Xunta insiste en que o regreso ás escolas "será seguro".
  comenta   0
O confinamento do mes de marzo fixo que unha gran cantidade de asalariados e asalariadas levasen o seu traballo para a casa. Os problemas viñan das horas extras non pagadas, a difícil conciliación familiar e as xornadas laborais sen dereito a desconexión. Todo isto abriu a necesidade de negociar un marco legal que de momento non contenta a ningunha das partes. A cuestión semella difícil.
  comenta   0
Coa recuperación destes servizos amplíase o horario para facilitar que os desprazamentos se fagan cumprindo as medidas de seguridade.
  comenta   0
Algúns votos poderían tardar en chegar. Por iso, a JEC pide a Correos que "extreme a dilexencia" para que os votos cheguen o día da votación.
  comenta   0
Este requisito eliminouse ao entrar xa na fase dúas aínda que na gran maioría dos concellos galegos xa non existían restricións horarias por ter núcleos de menos de 5.000 e 10.000 habitantes.
  comenta   0
A Xunta aprobou a proposta do Concello de Vigo respecto da limitación destas partes da cidade como zonas de gran influencia turística, o que permite que o horario de apertura dos locais se estenda ata as 22,00 horas.
Salvador Illa sinalou que están a valorar flexibilizar aínda máis do inicialmente previsto as restricións en materia de aforamento para bares, restaurantes e comercios.
  comenta   0
Di que a práctica cinexética non goza da mesma consideración deportiva que disciplinas como a natación, o baloncesto ou o fútbol
  comenta   0
Segundo o departamento dependente da Consellería de Sanidade, desta maneira buscaríase reducir a concentración de persoas durante horarios de mañá.
  comenta   0
Coa chegada da fase un permítense grupos de dez persoas nos parques naturais nacionais; pero a Consellería de Medio Ambiente pediu de novo aclaracións posto que segue sen saber cal é o número de persoas que estaría permitido, á vez, nas illas galegas como Ons ou Cíes.
A Xunta deixa na man da administración local a adaptación destas medidas en función da súa proximidade a un centro urbano: "Iso teno que observar o alcalde"
  comenta   1
Os gobernos locais poderán levantar ou manter restricións segundo consideren que unha parroquia cumpra ou non os requisitos.
  comenta   0
Á cabeza no número de denuncias estivo a cidade de Vigo, con 104 propostas de sanción (41 o sábado e 63 o domingo).
  comenta   0
A contaminación do aire en Galicia cae un 61,5% durante os meses de marzo e abril. Ecoloxistas en Acción propoñen manter unha serie de boas prácticas para evitar un efecto rebote.
  comenta   1
Castells dá por feito que haberá medidas de distanciamento para retomar as clases o próximo curso e dubida que poidan celebrarse exames presenciais este curso.
  comenta   0
Amigos da Terra e Compostela Aberta reivindican o papel do sector agrario e critica os "custos inasumibles" que o peche de mercados ten para os pequenos produtores.
  comenta   0
Sindicatos e traballadores denuncian que os protocolos de actuación son "improvisados" e que "a medida que aumenta a perigosidade, aumenta tamén a carga de traballo". Correos asegura, pola súa banda, que veñen desenvolvendo medidas "dende o 28 de xaneiro".
  comenta   1
CIG lamenta que a empresa "actúe de forma irresponsable" ao negarse a illar as persoas que tiveron contacto cos positivos en coronavirus no supermercado de Ribeira. Din que "está máis interesada en seguir obtendo beneficios ca na saúde do persoal".
  comenta   0
A marca galega anuncia que dará dous días libres aos seus traballadores para “salvagardar” a súa saúde.
  comenta   0
Aínda que, no conxunto da UE no ano 2018 expúxose a proposta de eliminar o cambio de hora e iniciouse un proceso que aínda que consideraba suprimir este cambio en 2019, os entón Vinte e oito consideraron que a iniciativa era prematura e aprazouse a decisión ata o ano 2021.
  comenta   0
A madrugada do próximo domingo ás 2,00 adiantaranse os reloxos ata as 3,00 para comezar o horario de verán.
  comenta   0
Solla repróchalle que aumente os horarios das casas de apostas "en plena epidemia" e que aínda non se aprobase a nova Lei do Xogo.
  comenta   0
"A xustificación da mellora da saúde da cidadanía, descanso, produtividade e rendemento (escolar e laboral) aconsellan que se adopte o horario de outubro, o que se ten actualmente" asegura o presidente de ARHOE.
  comenta   0
As tres institucións académicas de educación superior galegas votaron este luns en contra do anteproxecto da Universidade de Abanca. A consellería de Educación, pola súa banda, defendeu que o proceso para a súa aprobación aínda está "aberto" e que terá que someterse aos mesmos traballos de "verificación" de títulos que as institucións públicas.
  comenta   0