Consideran que esta tecnoloxía ofrece unha experiencia segura e positiva aos pacientes. E un estudo feito en Galicia mostra os beneficios dos programas de exercicio físico para persoas coa enfermidade de Parkinson.
  comenta   0
Os creadores do novo test destacan que o seu método “pode ser máis sensible que a maioría dos dispoñibles no mercado para a detección do SARS-CoV-2”. Outro equipo de investigadores galegos desenvolveu un modelo de intelixencia artificial para predicir a demanda de camas hospitalarias e UCI para enfermos de covid-19.
  comenta   0
Quince hospitais en España, entre eles os de Santiago e Ourense, recompilan datos para coñecer o impacto de analxésicos e outros medicamentos adxuvantes para a dor crónica na gravidade e mortalidade dos infectados co coronavirus. Outro proxecto internacional, tamén con participación galega, explora a seguridade e eficacia da atención virtual en Primaria no marco da pandemia.
  comenta   0
Expertos do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur descifran a covid prolongada e advirten de que é máis frecuente en pacientes hospitalizados con enfermidades pulmonares anteriores, en fumadores e en mulleres.
  comenta   0
Científicos de Galicia, México, República Dominicana, Arxentina, India e Polonia achegan novas evidencias sobre as lesións cutáneas causadas polo coronavirus.
  comenta   2
Os investigadores lograron reducir a carga viral na saliva de pacientes con Covid-19 aplicando este antiséptico. Podería ser a primeira evidencia científica demostrada ‘in vivo’ sobre a eficacia desta solución bucal contra o SARS-CoV-2.
  comenta   0
Os ensaios realizáronse con "resultados prometedores" en ratos infectados coa bacteria Pseudomonas aeruginosa, unha das principais causas de pneumonía nosocomial, asociada a unha alta mortalidade. Na investigación participaron científicos do Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC) e do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur (IISGS), en colaboración con colegas da Universidade de Porto.
  comenta   2
Un estudo do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur relaciona a baixa adherencia á dieta mediterránea cunha maior tendencia ao desenvolvemento de obesidade no noso país.
  comenta   0