Juan Gestal, epidemiólogo e catedrático xubilado de Medicina Preventiva na USC, amósase convencido de que "a ameaza dunha futura pandemia de gripe é real". Apunta a un recente estudo que determinou que "unha soa mutación (antes pensábase que eran precisas tres) na hemaglutinina do clado 2.3.4.4b do virus aviario A (H5N1) podería mellorar significativamente a súa capacidade de unirse a células humanas".