Di que o proceso contra Besteiro "nace dun anónimo" que mandou "a quere ser agora alcaldesa de Lugo", en alusión á popular Elena Candia.
O exrexedor socialista chegou a estar imputado en dez causas, unha situación que o levou a abandonar a política tras as eleccións municipais de 2015 cando Lugonovo, BNG e Esquerda Unida o vetaron para un novo mandato que sería o quinto desde 1999.
Foi apoiado polo secretario de Organización do PSOE, Santos Cerdán; o líder do PSdeG, Valentín González Formoso; o exsecretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro; e do exalcalde de Lugo, Xosé López Orozco, entre outros.
A maxistrada rexeita os escritos de recusación contra ela. O avogado do ex alcalde di que se trata dunha "represalia ou vinganza" contra o propio López Orozco, dado que "ten data do día anterior á data na que se confirma a sanción do Consello Xeral do Poder Xudicial" .
O exalcalde de Lugo e o expresidente da Deputación provincial e exsecretario xeral do PSdeG, recorrerán o auto emitido pola xuíza do Xulgado de Instrución Número 1 de Lugo, Pilar de Lara, de peche da causa por unha urbanización construída aos pés do parque Rosalía de Castro e paralizada no seu día xudicialmente.
Este auto emítese precisamente o día antes de que o pleno do Consello Xeral do Poder Xudicial examine o recurso á sanción imposta á xuíza, de sete meses e un día de suspensión de emprego e soldo, por dilacións indebidas nos distintos procesos e macrocausas que segue.
López Orozco volverá pedir o sobresemento da causa do Garañón, asunto no que se mantén como investigado. Farao logo de que veña de arquivarse a denuncia da CSIF polo caso do nomeamento dun posto no Concello.
A xuíza Pilar de Lara decretou o sobresemento provisional na causa aberta por un nomeamento no Concello. Tamén a actual rexedora, Lara Méndez, estaba implicada.
Os documentos preséntanse dentro da investigación "Garañón" en relación a que as prazas foron apuntadas por testemuñas como un regalo ao exalcalde de Lugo.
  comenta   0
Considera "complicado" obter maiorías absolutas no actual contexto de "diversidade" política e confía en que os procesos xudiciais non lle restarán apoio tras ser pechadas numerosas causas contra ela e contra o ex rexedor López Orozco.
  comenta   0
"Dígoo así de claro e contundente, hai que diferenciar o ámbito xudicial do político. Co máximo respecto ás sentenzas e máximo respecto aos órganos xudiciais", dixo Argelio Fernández.
  comenta   0
Até en seis causas viuse desimputado o ex alcalde de Lugo, Xosé López Orozco, o que o levou a concluír, chanceando, que é o "campión" das desimputaciones "sen facer nada".
Desta volta a Audiencia Provincial de Lugo acorda o sobresemento provisional e parcial do exalcalde López Orozco por supostos subornos no marco da Operación Pokémon. O ex rexedor tivera que deixar a cargo por imputacións que logo quedaron en nada.