O autor lucense recoñece que lle interesaba narrar estas situacións ao público xuvenil: "Teño moita esperanza na mocidade, nas novas xeracións, como xente que pode cambiar o estado das cousas e facer deste mundo un lugar mellor".
Centros educativos de toda Galicia participaron nesta segunda edición de Contádenos o voso Día das Letras, un concurso organizado pola Real Academia Galega ao que se presentaron unha relación de traballos sobre María Victoria Moreno.
  comenta   0
Os documentos figuraban dentro do arquivo da agrupación cultural O Facho. A publicación realízase na véspera do aniversario da conferencia sobre a lingua galega que a autora pronunciou o 23 de maio de 1975 nun ciclo con perspectiva de xénero.
  comenta   0
O grupo tradicional lucense pon música aos versos da homenaxeada neste Día das Letras. Pedro Lucas, que traballou con María Victoria Moreno, prefire salientar o seu papel coma activista do idioma e a literatura infantil e xuvenil.
Con razón teimaba Vicente Risco en que Galicia non é un país pequeno. A Galicia administrativa e cartográfica non coincide coa cultural e sentimental. Galicia esténdese máis alá das súas fronteiras convencionais e latexa en lugares moi diversos.
  comenta   0
Os actos continuarán todo o ano, con Pontevedra como cidade con maior protagonismo por ser onde a escritora viviu durante máis de 40 anos Conferencias, itinerarios, exposicións, libros, teatro e música enxalzan a unha autora que resplandeceu pola súa actitude ante a lingua galega.
  comenta   0
Os actos continuarán todo o ano, con Pontevedra como cidade con maior protagonismo por ser onde a escritora viviu durante máis de 40 anos Conferencias, itinerarios, exposicións, libros, teatro e música enxalzan a unha autora que resplandeceu pola súa actitude ante a lingua galega.
  comenta   0
Era unha profesora "excelente" e "apixoada" que aprendeu galego, a pesares de ser estremeña, para relacionarse mellor co seus alumnos e co país ao que acababa de chegar, e cunha grande bagaxe intelectual e lingüística.
  comenta   2
Académicas ven un "déficit" de homenaxeadas, pero un "cambio" na incorporación de mulleres á RAG. Destacan que as últimas catro persoas elixidas como académicas numerarias sexan mulleres.
  comenta   1
Académicos da RAG destacan as súas distintas facetas, entre elas a de docente, editora ou tradutora e lembran que foi unha "activista" da lingua galega "nos seus libros e na súa vida".
  comenta   0
Obradoiros e unha serie especial dos Bolechas entre as iniciativas para que os máis pequenos coñezan a importancia e o significado do 17 de maio.
  comenta   0
Adaptacións teatrais, unha biografía, texto pouco coñecidos e recuperados, e a reedición das súas principais obras centran a actividade da editorial para celebrar o Día das Letras Galegas 2018, dedicado á autora estremeña e galega de adopción.
  comenta   0
As académicas Marilar Aleixandre e Fina Casalderrey indagan na vida da autora cunha biografía que pode consultarse xa no sitio web da Real Academia Galega.
  comenta   1
Convida aos seus usuarios a enviar un debuxo da escritora María Victoria Moreno, a homenaxeada este ano, ante o complicado de conseguir imaxes de libre uso.
  comenta   0