A 'Acacia dealbata' leva connosco uns 200 anos e xa é imposible de erradicar. Jonatan Rodríguez, investigador de CRETUS na USC, liderou varios estudos nos que observaron que "nas zonas onde hai manchas de mimosas a diversidade de especies de insectos herbívoros, que poderían alimentarse dela, era menor en número á cantidade que hai nas zonas onde non hai mimosa".
  comenta   0
Dende o Galicia Confidencial continuamos coa nosa serie sobre especies invasoras en Galicia falando con Paula Lorenzo, investigadora da Universidade de Coimbra que nos afonda nas particularidades dunha planta procedente de Australia hai algo menos de dous séculos e que xa ten colonizada a nosa terra. Xunta ao seu equipo de investigación buscan formas de aproveitar o residuo que xera o control desta planta para sacar algo beneficioso de tantas cousas negativas que aporta, tendo en conta que "o nivel de invasión é tal que a súa erradicación xa é imposible no noroeste da Península Ibérica".
  comenta   0
O concello procederá a retirar os exemplares de mimosa á beira do caudal por escurecer a zona e impedir o desenvolvemento de vexetación autóctona.
  comenta   0
C@urel Vivo organiza o día 5 de febreiro unha xornada eliminación de Mimosas (Acacia dealbata) aberta para todo aquel que desexe participar.
O Xurés, o Macizo Central, as Fragas do Eume e O Courel están entre estas actuacións. Aposta polas enerxías renovables, a eliminación de especies exóticas invasoras e o fomento do emprego verde. a recuperación de hábitats.
  comenta   0
Os lumes son unha das lacras do noso país. As lapas devoran os montes galegos ano tras ano. Os expertos sinalan como unha das súas principais causas as enormes plantacións de eucaliptos que cobren o terreo galego. Cousa de Raíces combate esta e outras especies invasoras. A plataforma é unha das moitas que defende un modelo forestal galego diferente ao actual no que se aposte por especies autóctonas.
  comenta   3
Máis de 360 persoas voluntarias participaron nesta actividade proposta polo colectivo Cousa de Raíces, ao que se sumaron unha vintena de entidades. Iso demostra, din, que gran parte da sociedade galega aposta por outro modelo forestal.
  comenta   0
C@urel Vivo denuncia o abandono da comarca e a proliferación desta especie invasora cando se fala xa do Xeoparque Montañas do Courel. A alcaldesa de Folgoso, a popular Dolores Castro, confirma a presenza de mimosas pero asegura que "nin son un problema para a biosfera, nin son unha praga".