O candidato do PP á Xunta acusa de instigar o "medo a votar" ós que defenden adiar os comicios e chama a manter a participación no 12X.
  comenta   0
Un mozo afea á Consellería o peche da planta do Hospital na que se recuperaba dunha operación por "falta de ersoal". Nun fío de Twitter, relata como tivo que desprazarse a unha habitación "con pacientes de diversas patoloxías", entre eles posibles casos de coronavirus.
  comenta   0
O rebrorte mariñán é xa o segundo en número de contaxios en todo o estado. O presidente, porén, defende que a situación da comunidade galega é "tranquila" e "mellor en calquera parámetro" que o resto dos territorios, á par que reafirma a súa decisión de situar os comicios no 12X.
  comenta   1
Manterá as restricións ata o venres sen descartar aumentalas. Tráfico avisa da presencia de controis aleatorios nas estradas entre a provincia da Coruña e a comarca mariñá.
  comenta   1
O PSdeG cre que o brote da Mariña, que ficará pechada desde a medianoite, "se lle foi das mans" á Xunta. Tanto esta formación como a Marea Galeguista piden convocar de forma "inmediata" ás forzas políticas.
  comenta   12
Os sindicatos cancelan a manifestación prevista na Coruña para o día 10 e buscan alternativas para a entrevista presencial convocada o martes polo Ministerio de Industria
Os aforos limitaranse ao 50% e as reunións non sobrepasarán as dez persoas; o uso de máscara será obrigatorio en lugares abertos e pechados.
Pecha 2019 cun crecemento do 3,7% en facturación, ata superar os 1.228 millóns de euros.
  comenta   0
Di que se trata "dunha iniciativa pioneira" que ten como obxectivo dotar de medios e instalacións aos mozos para pór en marcha proxectos de educación non formal
  comenta   0
O TSXG confirma que Hércules de Armamento asinou facturas falsas por case 400.000€ uns meses antes deste concurso. O ex ministro de Defensa Morenés coñecía a irregularidade “dende o primeiro momento”, segundo o actual delegado do goberno. Un deputado do PSOE viu indicios de “pelotazo urbanístico” na adxudicación.
  comenta   0
O parque recibe o BIC logo de 20 meses pechado por varios desprendementos. Ante o “abandono” do Concello, nos últimos anos a dinamización do recinto correu ao cargo da Asociación Amigos do Pasatempo que celebra o trunfo con cautela: “xa escoitamos moitas promesas”.
  comenta   0
O Expediente de Regulación de Emprego (ERE) presentado formalmente este mércores por Alcoa, que prevé o despedimento de ata 534 traballadores na planta de aluminio de San Cibrao, afectaría tamén a alomenos outros 400 postos de traballo nas empresas auxiliares.
Considera que "o diñeiro público debe destinarse a fortalecer a sanidade pública" e avisa de que "os recortes e as privatizacións matan".
  comenta   0
Optan polo peche para garantir a seguridade dos posibles usuarios ante a dificultade para "cumprir os protocolos e normas".
  comenta   0
O consultorio de Parga quedou en 'stand by' durante o estado de alarma e o Sergas anunciou que se recuperaría "parte da actividade asistencial", pero a atención médica será derivada a outro centro acusado pola saturación xa previamente. Os veciños recollen sinaturas e organízanse contra os recortes nos servizos sanitarios da vila.
O xornalista galego José Luis Gómez ven de explicar a xeito que o problema do proxectado peche da factoría de aluminio primario de Alcoa non é só- nin nomeadamente- un problema de tarifa eléctrica, senón unha decisión que xurde da nova fasquía de Alcoa dende o 2014, orientada estratéxicamente cara a fabricación de motores para a industria aeroespacial e alúmina
  comenta   0
O Goberno central informa de que os pasos fronteirizos de Salvaterra de Miño-Monçao, Arbo-Melgaço e Tomiño-Vilanova de Cerveira, situados na zona limítrofe da provincia de Pontevedra, reabriranse desde este luns, día 15 de xuño, en horario de 8,00 a 22,00 horas.
Ramiro, Roberto e Diego son tres irmáns empregados en Alcoa. O seu pai tamén foi traballador desta fábrica. Toda unha xeración adicada a unha factoría que anuncia o peche sen ter en conta o sacrifcio e o esforzo de centros de traballadores. "Os obreiros sentimos Alcoa como algo propio", lembran.
O comité censura que a compañía "non quere saber nada de venda" nin lle vale ningún marco enerxético. E, mentres, a Xunta non aporta solucións pero critica as do Executivo central.
Aposta pola colaboración entre administracións porque as empresas necesitan o aluminio primario que aquí se produce e non depender de que veña de Arabia Saudía ou China.
  comenta   0
A Xunta "está a traballar" cos "representantes" do sector educativo para a recuperación da actividade docente con "garantías de seguridade", asegura o portavoz do Grupo Parlamentario.
  comenta   0
“Os meus dous avós traballaron en Alcoa e agora viven aquí felices. Por que o meu pai non pode facer o mesmo? Por que nos temos que ir se temos aquí a nosa casa?... “Só no meu portal viven catro familias que traballan en Alcoa e non quero que se teñan que ir de aquí”, relata nun vídeo que deu a volta a toda España.
O sector das orquestras e derivados, así como os concellos, urxen a determinación das condicións que deben cumprir para salvar a tempada: "Se esperamos 15 días máis, igual non hai orquestras". O Goberno galego, pola súa parte, di que a elaboración dese plan de seguridade corresponde ao Executivo central.
  comenta   0
Na Mariña, milleiros de persoas participaron na manifestación convocada polo comercio de Xove para reivindicar un futuro para a planta de aluminio de Alcoa-San Cibrao,
  comenta   2
A Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) pide á Xunta que, de abandonar a empresa, garanta "a descontaminación" do depósito de residuos, unha "bomba de reloxería" de 87 hectáreas e con cinco anos de vida útil.