Os manifestantes acusan ao Goberno galego de estar traballando "ás agachadas" nun plan para permitir a Toysal verquer "10 millóns de residuos cúbicos" na lagoa de Casalonga.
  comenta   0
Colectivos como Casalonga Limpa de Residuos ou a Plataforma Mina Touro-O Pino Non amosan a súa "preocupación" ante un proxecto que "favorece" as empresas "e non o medio ambiente".
  comenta   1
Durante unha comisión do Parlamento galego, En Marea e BNG pediron a dimisión do director xeral de Minas, Bernardo Tahoces, pola súa investigación por suposta prevaricación ambiental.
  comenta   0
A manifestación comezará o sábado 23 e rematará o domingo 24 cunha manifestación que irá ata a entrada da canteira, agora propiedade da empresa Toysal.
  comenta   0
Están convidados pola eurodeputada e candidata de En Marea para os comicios europeos, Lidia Senra. O seu obxectivo é "denunciar" que en Galicia non se cumpren as normativas ambientais.
  comenta   0
A Plataforma Casalonga Limpa de Residuos celebrou este venres unha asemblea na que se ratificou o apoio da cidadanía ao traballo do colectivo. As últimas actuacións dirixíronse a pedir cambios lexislativos para imposibilitar a instalación dunha planta de residuos "encuberta" baixo un proxecto de restauración da canteira
  comenta   0
A comezos deste mes o concello teense enviaba á Consellería de Medio Ambiente o informe de incompatibilidade urbanística.
  comenta   0
A Plataforma Casalonga Limpa de Residuos mostrou a súa oposición ao proxecto que a empresa Toysal presentou como “Plan de restauración da canteira de Casalonga”, logo que os informes técnicos do concello de Teo considerasen incompatible a instalación dunha estación de tratamento de residuos co PXOM municipal.
  comenta   0